26/11/15

QUE BEN SE PASA NA FIN DE SEMANA 3

"La Mirada del Otro" no Jofre
Ben, xa está aquí outra fin de semana cunha grande cantidade de manifestacións culturais que presentamos para que logo non digades que non o sabíades.

TEATRO
LA MIRADA DEL OTRO. TEATRO JOFRE. SÁBADO 28. 20.30 
Unha intensa peza que leva a escena o encontro entre un membro de ETA e unha vítima do terrorismo.
Non pretende ser unha obra documental nin política. Na preparación do encontro e o encontro pretender tratar a íntima loita do individuo para superar o insuperable. A compañía 43-2 ofrece unha comprometida mirada sobre o conflito vasco. 

EL HIJO DE LA NOVIA. PADROADO DA CULTURA DE NARÓN. SÁBADO 28. 20.00

Melodrama familiar donde o cariño, o amor e a dor van da man a través dunha historia, con persoaxes cotiás, que trata de temas normais do día a día. Seguramente recorden a película arxentina dirixida por Juan José Campanella,  co mesmo nome que foi nominada ao Óscar no ano 2001. A interpretaban Héctor Alterio, Ricardo Darín e  Norma Aleandro. Ciertamente unha película conmovedora. 

O reparto desta obra teatral é de luxo con Juanjo Artero, Álvaro de Luna, Tina Sainz, Sara Cozar e Mikel Laskurain. Destaca o traballo de Juanjo Artero e as escenas cheas de emotividade e sentimento con Tina Sainz. Tamén destacar a aparición de Álvaro de Luna.

COMEDY ZOO. MONÓLOGOS TEATRO JOFRE. DOMINGO 29. 20.00 

Xuntos por primeira vez no escenario, Santi Millán, José Corbacho e Javi Sancho. Espectáculo único, interactivo e que che sacará unhas boas gargalladas. Sempre lles gusta conectar coa xente, e por iso informánse de aspectos locais, das súas costumes, do que pasa... 
O malo é o prezo. 

PINTURA, DEBUXO E GRAFISMO

BEATRIZ SEIJO EN SARGADELOS. VENRES E SÁBADO DE 10 A 13.30 E DE 17 A 21. Pintora de Fene que vos sorprenderá.

A PROPÓSITO DO DEBUXO. NO CENTRO CULTURAL TORRENTE BALLESTER. (ATA O 6 DE DECEMBRO)

É Unha mostra de debuxo contemporáneo a través da ollada interxeneracional de seis artistas galegos. Susana Bermejo, Marta Bran, Bosco Caride, Héctor Francesch, Tamara Feijoo e Elena Fernández Prada. 
Medio cento de pezas dos artistas galegos máis interesantes das últimas xeracións. 

IBÁÑEZ: O MAGO DO HUMOR. NO MUSEO DO HUMOR (FENE). Luns a Venres
(10-13 horas- 16-20.50 horas)
Sábado de 10 a 12 

Francisco Ibáñez é o creador, debuxante e guionista dos persoaxes do Mortadelo e Filemón, o Botones Sacarino ou Pepe Gotera e Otilio. 
A mostra reúne máis de cen revistas publicadas desde os anos cincuenta ata a actualidade, unha ampla recopilación de artigos de mechandising e unha serie de debuxos orixinais, que conforman o núcleo desta exposición, unha alfaia no panorama do cómic español. 


MÚSICA
SÉS NA PRAZA DE ESPAÑA DE FERROL. SÁBADO 28. 21.30 horas

A cantante Sés, María Xosé Silvar

Actuación de Sés
A actuación será de balde, na praza de España. Haberá unha carpa por se chove. A actuación se enmarca no programa de actividades organizadas con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia contra as mulleres.

Sés está a presentar o seu terceiro disco, “Tronzar os valos”, no que suma as enerxías do rock e da canción de autor de América Latina en doce temas de beleza e combate, nos que se sinte a potencia do rock e a súa intensa condición de cantora. María Xosé Silvar é rockeira e cantareira, comprometida e libre, sentimental e enérxica, segundo ela mesma se define, nun tempo de “Tronzar os valos”, de “responder con música e ideas, con ilusión contra o abatemento”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario