29/10/15

DON JUAN TENORIO EN FEMENINO. DOMINGO 1 NOVEMBRO

Vai unha recomendación Teatral aos alumnos de Bacharelato.
 Espero que o domingo ás 19 horas podamos vernos ali
O vindeiro domingo 1 de novembro chega a Narón o Proxecto teatral "Don Juan Tenorio en femenino". Este proxecto versionará a obra de José Zorrilla que adicou ao famoso sedutor. 
O elenco estará formado íntegramente por mulleres que non son profesionais. Este feito lle dará un "Carácter feminino" á versión que tamén conta cunha loxística e unha produción totalmente en mans de mulleres. 
Trece empresarias coruñesas puxeron o seu talento e experiencia, xa sexa á hora de impartir clases de teatro, fornecer roupas e maquillaxes e preparar o catering, para lle dar a Don Juan un rostro de muller.
Flor Maceiras
Este proxecto é unha acción formativa que conta co respaldo do Royal College of Music de Londres e está enfocada a actrices amateurs ou en período de aprendizaxe. Unha veintena de actrices non profesionais profundan na súa formación a través dunha serie de talleres gratuitos que culminarán o 30 e 31 de outubro coa representación no Teatro Colón da Coruña.

Unha das profesoras do obradoiro é a recoñecida actriz Flor Maceiras, ex alumna da Escola de Teatro do Padroado de Cultura de Narón.
Entre as actrices está Desiré Pillado, naronesa e actriz amateur que interpreta por vez primeira un papel masculino.
Deixamos aquí un vídeo onde as actrices comentan a súa experiencia. 




28/10/15

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

O día de mañá e a semana que ven teremos a Biblio chea de cabazas e esqueletes.
E mesmo podedes debuxar e pintar aquelas láminas que vos gusten.
Mortadelo vaivos guiar por unha exposición sobre libros de terror e medo.
Tamén estará aberto o prazo para a participación nun concurso de relatos curtos de TERROR.
Tendes as bases nas aulas.

video

27/10/15

XARDÍN DESORDENADO

Hoxe imos facer unha recomendación musical. 

O grupo chámase "Xardín Desordenado" e preséntanos o seu último traballo "Aprendendo a ladrar".

Título ben bonito que vai adicado ás nosas mulleres poetas.
Xardín desordenado constata que soamente tres mulleres poetas foron homenaxeadas no Día das Letras Galegas.
 E xa van 52 autores.  Esto soa raro non si?.

Pois no seu CD podemos escoitar 17 cancións, feitas a partir de 17 autoras.

As poetas incluídas en "Aprendendo a ladrar" son:
Lucía Aldao
Olga Novo
Yolanda Castaño
María do Cebreiro
María Lado
Enma Couceiro
Luisa Castro
Iolanda Zúñiga
Rosalía de Castro
Luz Pichel
Cristal Méndez
Marta Dacosta
Chus Pato
Enma Pedreira
Estíbaliz Espinosa
María do Carme Krukemberg 

Para escoitar un pouquiño do seu traballo tedes aquí un vínculo a SOUNDCLOUD


Neste vídeo podemos ver unha peza dun traballo anterior. Neste caso unha canción con letra de MANUEL MARÍA.

26/10/15

IMOS AO TEATRO. ME LLAMO SULEIMÁN.

Este Luns o alumnado asistiu a obra de Antonio Lozano “Me llamo Suleimán”,  posta en escena pola com
Marta Viera 
pañía canaria “Unahoramenos”.
unha obra centrada na emigración clandestina entre África e España. Coñecer cómo é a viaxe do emigrante pódenos axudar a comprender mellor a decisión que toman miles de persoas e suscitarnos cales son as razóns para tomala, sabendo que , como por desgraza ocorre con moitísima frecuencia- as súas vidas corren perigo. 


A medida que as sociedades europeas tórnanse cada vez máis multiculturais, debemos concienciarnos sobre as numerosas razóns polas que as persoas elixen ou se ven obrigadas a deixar os seus países de orixe.
Concretamente, segundo o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR/UNHCR) “débese difundir máis información entre os mozos que son quen tomarán as decisións no futuro”, pero cuxa opinión sobre a migración e o asilo non sempre está baseada en información obxectiva e imparcial. 
Respecto diso, ACNUR e a Organización Internacional para as Migraciones propuxéronse como obxectivo a difusión de contidos culturais relacionados coas migracións. O seu obxectivo é “ofrecer a oportunidade de comprender que detrás de cada estatística anónima sobre migración e asilo existe un rostro humano e unha historia persoal”.
Teríamos que decir que a obra transmite unha grande emoción e chegou aos rapaces. Esperemos que, en breve,  deixen neste blog os seus comentarios.
Salif Keita
Destacamos a interpretación de Marta Viera. Non só pola súa forza no momento de transmitir as emocións, senón tamén pola magnífica voz cantando eses temas africáns. Sabemos que participa do grupo Canario “Los Gofiones”.

Resoltou espectacular o traballo de animación feito por Juan Carlos Cruz. 
E a música resulta preciosa. Gracias ao músico de Malí Salif Keita “ a voz dourada de África”. Se pinchades no nome podes escoitar a súa música.
Deixamos aquí un vídeo onde podemos ver parte do que vimos e o seu montaxe.

Mañá teremos a oportunidade de poder falar co autor da obra. Probablemente poderá contarnos detalles que nos emocionarán

HORA DE LER

Este luns comezamos ca HORA DE LER nas aulas da ESO.

PARA OS QUE ESTADES EN 1º DA ESO IDES TER QUE RECORDAR DE CANDO EN VEZ AS NORMAS QUE TEDES PINCHADAS NA CORTIZA DA AULA.

Recordar que o importante é pasalo ben facendo lecturas.
- As lecturas son de libre elección pola vosa parte.
- Respetade o lectura en silencio.
- O profesorado que así o desexe poderá levar a cabo lecturas exemplificativas e de xéneros pouco seleccionados polo alumnado (poesía, teatro...)
- Desde a Biblio apoiaremos cos fondos bibliográficos a actividade.
- Todos lemos
- O cadro horario estará exposto na cortiza ou taboleiro de aula.




GÚSTAME LER.





DEIXAMOS AQUÍ UN VÍDEO DA WEB MEGUSTALEER.COM
QUE ESPERAMOS VOS GUSTE.


25/10/15

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Desde a nosa Biblioteca queremos unirnos a todos aqueles que celebran o día das Bibliotecas. É unha boa cousa que este ano o día caera en sábado xa que así desde Bibliotelleiras o imos celebrar toda a semana. Aproveitamos para facervos a presentación do Cartel escollido por Bibliotecas Escolares para levar a cabo a súa campaña anual. A imaxe responde á interpretación do lema elixido por parte do ilustrador e autor de banda diseñada FRAN BUENO.

Durante esta semana daremos a coñecer máis a fondo a  Biblio. Aquí vos deixamos a información dos nosos compañeiros da Biblio, Mortadelo e Filemón.

Tedes que recordar unhas pequenas normas que ben se poden seguir no triptico que temos tanto na porta da Biblio como no seu interior. Pero aquí vos deixamos unhas pequenas imaxes para recordar.

 Se queredes saber máis do que é a CDU tedes aquí un enlace do MINISTERIO DE CULTURA




21/10/15

AUTORÍAS

Comezamos a Serie "Autorías", co noso grande autor, Agustín Fernández Paz.

Na Bibliotelleiras poderíamos decir que é o noso autor de cabeceira, xa que ademáis de termos a meirande parte dos seus títulos, coíncidenos que os andeis cos seus libros están xusto diante do escritorio da nosa Biblioteca.
Queremos empezar a serie sobre autores e autoras por D. Agustín deixando parte do texto escrito por el, chamado "Acórdome"

Acórdome

Acórdome, claro que me acordo. A literatura nace da memoria e da imaxinación. Todos os libros que escribín, como as tramas dunha tea, están feitos combinando os fíos da miña vida. Calquera persoa que os leu e coñeza a miña biografía atopará un paralelismo constante entre as dúas realidades. Unhas veces máis enmascarada que outras, a vida de calquera escritor discorre por baixo das súas obras.

Que as historias saian da miña vida non é unha limitación. Ao revés, trátase do único orixinal que podo aportar ás persoas que viven comigo e ás que vivirán cando eu xa non estea, si é que alguén le entón os meus libros. As persoas, todas, somos únicas e irrepetibles. Posuímos unha visión do mundo, uns sentimentos, unhas vivencias que nos singularizan e que desaparecerán connosco. A min isto paréceme marabilloso, e creo que está na raíz dese impulso irracional que me leva a escribir e a inventar historias nas que quede reflectida a miña visión do mundo e da vida.

Si tivese que definirme en poucas palabras, diría que son unha persoa que atopa pracer en inventar historias e contalas por medio da escritura. Un contador de historias, aínda que isto sempre debería colocalo en segundo lugar, porque o que de verdade me gusta é ler o que escriben outras persoas. E ler e escribir, como ben sabemos, son as dúas caras dunha mesma moeda. As historias, os libros: o fío invisible que nos une a todas as persoas do planeta.



Pois queremos decirvos que xa temos na nosa Biblioteca o libro "A neve interminable". (Ed. Xerais).
Un novo libro de misterio que pensamos que vos gustará. A trama vai duns guionistas que se xuntan para traballar nunha serie televisiva sobre os terrores no Mundo de hoxe.

20/10/15

MARTES FOTOGRÁFICO

Hoxe imos dar a coñecer o traballo de "fotoperiodista". Escollimos para empezar a Jim Richardson. Fotoperiodista que traballa para National Geographic. O seu traballo o podemos seguir na súa páxina web que é unha marabilla.
Destacamos o seu traballo sobre alimentación.

Para ilustrar ademáis o FOTOPERIODISMO presentamos no vestíbulo unha serie de fotografías do NATIONAL GEOGRAPHIC.

Aquí unha pequena mostra



19/10/15

ANTONIO LOZANO NAS TELLEIRAS

O autor do libro "Me llamo Suleimán" visitirá o noso centro o vindeiro martes 27 de outubro.

O noso alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato poderá disfrutar da charla e mesmo intervir no coloquio co autor.
O día anterior estes mesmos alumnos, e máis o alumnado de 3º de ESO e 2º de Bacharelato, asistirá a unha representación baseada na mesma obra. Será no Pazo da Cultura de Narón.
Deixamos aquí os enlaces relacionado con estes eventos.

Departamento de Lingua Castelá

Padroado de Cultura de Narón 

17/10/15

O VENRES HAI MOITO ARTE


O venres 16 de outubro no vestíbulo poidemos disfrutar da proxección "Mulleres con pincel", feito  pola Profesora Teresa Maceiras. Nesta proxección fíxose un percorrido por distintas mulleres pintoras desde o século XVI ao século XX. Poidemos disfrutar de obras, entre otras de Mary Cassatt, Frida Khalo e Maruja Mallo. Agradecer o traballo feito por Teresa.







XOVES VIAXEIROS

Este xoves imos visitar a cidade de Londres. Pode servir para aqueles que vaian viaxar este ano a Londres co Instituto. Cada dous xoves imos coñecer distintas cidades do mundo. No vestíbulo do centro podemos polo tanto ollar nos recreos unha presentación ou película sobre as cidades.
Deixamos aquí unha pequena mostra do que se viu.

Agradecer o traballo feito ao profesor Manuel Mateos.




14/10/15

OS MÉRCORES ILUSTRADOS

Este mércores iniciamos a sección sobre ilustradores e comezamos ca ilustradora vasca
 Elena Odriozola,  Premio Nacional de Ilustración 2015
 Pódese ver un traballo precioso na súa ilustración de Frankenstein na editorial
Nordica Libros.


© Pencil Ilustradores
A revista babar.com  fai unha boa descrición da súa traxectoria profesional.

Aquí vemos algúns exemplos dos seus traballos






OS MARTES DOS AUTORES

Este martes presentamos ao Premio Nacional de Poesía. O autor Luis Alberto de Cuenca.

O autor na súa vivenda.
Fotografía do Xornal A Vanguardia
O autor serviu de inspiración a "Loquillo" para o seu disco
"Su nombre era el de todas las mujeres".
Carouta do disco de Loquillo
No seguinte enlace podemos oir as cancións de Loquillo con letra do autor homenaxeado.
Su nombre era....




Deixamos aquí un enlace onde podemos "disfrutar" da poesía
do autor, na revista Babelia do xornal "El País".
 Un minuto de poesía

7/10/15

Benvido@s ao novo blog da Bibliotelleiras!!

Este ano empezamos o curso cun novo blog ao que queremos dar unha nova cara e unha nova funcionalidade. Pouquiño a pouco iremos traballando para que lle poidades dar máis utilidade a esta ferramenta: mirar a dispoñibilidade dos libros da biblioteca, diccionarios online, artigos de interese... Tede paciencia con nós! Estamos trabajando en ello...! (leer con acento chicano, jejeje).

Benvido@s ao novo blog da Bibliotelleiras!!

Este ano empezamos o curso cun novo blog ao que queremos dar unha nova cara e un

Benvido@s ao novo blog da Bibliotelleiras!!

Este ano empezamos o curso cun novo blog ao que queremos dar unha nova cara e un