7/3/16

8 DE MARZO E POESÍA. DIVINA DE INMA LUNA

Hoxe, día da Muller traemos unha obra chegada aos nosos andeis.

 É unha obra que ten un punto reivindicativo e rebelde onde, dun xeito autobiográfico, pretende denunciar esa etapa da escola represiva. Unha escola que amputaba os desexos.
Tamén fai un percorrido pola etapa da adolescencia, onde queda recollido nunha serie de poemas que amosan a supresión do corpo, e mesmo a non mesturarse cos  “rapaces”.

            …” No me dejaban jugar con los chicos          Así que nunca supe
                    Cómo relacionarme con los hombres…”


 A obsesión polos pecados e a prohibición do pracer están moi presentes no poemario.

Por último entra no seu embarazo e a súa maternidade.
 A autora sentiu a necesidade de facer unha revisión de todo e ver cando chegou a rendirse e coller outros camiños. ..
…"Todo esto eran cosas de las que sentía que tenía que escribir, aunque no he sido consciente de ello hasta hace poco"…
O poemario está  ilustrado pola artista “Loreto Rodera”.

Ademáis o título fai referencia á “Divina Comedia”. Inclúe varias citas que acompañan o percorrido polas idades nun símil polos infernos, o purgatorio e os ceos de Dante.
A mín encantame 
Privada
Privadas del aire puro
abríamos los libros 
por la página equis.
Todo lo interesante 
ocurría en otro lado,
por eso nos prohibieron
mirar por las ventanas...

Se queredes saber como sigue o podes pedir na Biblio

2/3/16

FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL "CONTA CON NARÓN"





Durante os días 3, 4 e 5 de Marzo teremos no noso Concello a catro narradores orais, tamén chamados "Contadores de Contos" ou Narradores. Poderemos polo tanto disfrutar deles.

O Xoves 3 de Marzo (20.30h), Nelson Calderón actuará no Café Teatro do Pazo da Cultura. A entrada é gratuita.


Nelson Calderón
Nelson Calderón é Colombiano,  narrador de historias, escritor e arquitecto que ten percorrido e actuado en teatros, colexios, institutos, cafés, bares, librerías, centros culturais, festivais de narración, centros de maiores, hospitais, cárceres, mercados de España, Chile, Suiza, Grecia, Perú, México e Paraguay, ademáis de traballar en España cons institucións como o  Ministerio de Cultura, Instituto Cervantes, Casa de América e o Concello de Madrid entre outros.
Nelson Calderón, cuentero a tempo compreto, viaxa contando as súas historias cheas de mitos, lendas, amores posibles e imposibles, humor, contos de colleita propia cheos de realidade e fantasía, para nenos, adultos e todo aquel que se quera aventurar a soñar.

Para ver o seu traballo tedes aquí algúns enlaces

Cuentacuentos 'Los cuentos del Mar del Sur'. 


ULRICA. Único cuento de amor publicado por BORGES.


O VENRES 4 DE MARZO( 20:30 h.)CONTADA COLECTIVA ( Paula Carballeira, Quico Cadaval, Boniface Ofogo e Nelson Calderón). Auditorio Municipal Narón.
Unha contada colectiva onde cada narrador mostrará a súa historia, o seu conto, o seu relato...UN VERDADEIRO FESTIVAL DA PALABRA.
Paula Carballeira



Seguro que coñecedes a Paula Carballeira. Saber que naceu en Fene, aínda que vive en Santiago. É escritora, contacontos e actriz.
Tedes aquí unhas pequenas historias contadas por ela.

Tamén poderemos disfrutar do "GRANDE" Quico Cadaval. Figura importante do teatro galego. Gran narrador de historias e tamén de Monólogos.
Un das súas últimas produccións foi a de recuperar "Os Contos de Joselín". Joselín foi como un xograr do século pasado (anos 30) que soubo enraizar os seus contos na antiga tradición do escarnio popular de mariñeiros e labregos. 

Aquí tedes unha mostra dese traballo



E por últimos imos disfrutar de Boniface Ofogo.

A súa presentación do Camerunés a podedes ver na súa páxina web. Decir que naceu en Camerún pero leva moito tempo vivindo en España.
Unha marabilla as súas historias





SÁBADO 5 DE MARZO (12:00 h.) BONIFACE OFOGO (CAMERÚN) ( Contada Infantil). Centro Cívico Social de Xuvia.
O ELEFANTE QUE PERDEU O SEU OLLO: ESPECTÁCULO DE CONTOS AFRICANOS PARA PÚBLICO XERAL:
Un elefante se afai a quitarse o seu ollo para xogar ao pingpong, ata que un día, pérdeo nas augas dun río. Deste incidente aprenderá leccións importantes para a vida. O espectáculo é unha viaxe iniciática ao corazón África; a través das súas lendas e mitos ancestrais imos descubrir o seu espírito cheo de sabedoría e profundo humanismo.
SÁBADO 5 DE MARZO ( 12:00 h.): PAULA CARBALLEIRA (GALICIA) ( Contada Infantil).Biblioteca Municipal de Narón.
OS CONTOS QUE NON ME CONTARON
Adícome a contar historias. Busco historias nas persoas que coñezo e nas que non coñezo, nas paisaxes que vexo e nas que imaxino. Teño una sede insaciable de palabras. E todo porque de pequena non me contaron contos. Non había tempo para iso. A miña familia xa non lembraba as noites de inverno sen luz eléctrica nin aprender a camiñar co que che contaban. Ata que a miña nai me escoitou, non hai moito, e me dixo: “esa historia que contaches, contouma a min túa avoa”. Daquela souben cal era o meu papel, o da memoria.