Lucía Aldao |
Este martes 3 de novembro imos
presentar un poema de Lucía Aldao (A Coruña 1982). Poeta, guitarrista e cantante.
Cando a OMS acaba de
declarar canceríxena a carne procesada lembrei o poema de Lucía Aldao que vos presentamos aquí hoxe.
“Foi por non decatarme a
tempo de que quería que o meu poema
soubese a churrasco,
que houbo que agardar ó
final da tardiña
para confirmar tema e
intencións.
pídoos todos sempre con
moita carne.
O día enteiro sen
deixarnos,
e con torpeza e indignada
deixei que a aldea toda
se me fose metendo nos pulmóns.
Eu con fame non sei
escribir,
pero ocórrenseme moitos
versos…
E foi comezar a ver en
rigoroso directo os primeiros pasos da cea
para que o fume rico ese
chegara a estas páxinas
bastante antes ca min.
Que detallazo.
Que agradecido o vicio
este
que me permite facer
saliba e facer poemas
mentres se van facendo as
brasas.
………………
Eu mordo o bolígrafo en plan metáfora de fame
e achegándome á mesa, miña musa,
comprobo como a ensalada de tomate lle ha de facer tanto ben
ó meu poema coma ó churrasco.
Saboreo cada anaco deste verán que non comeza.
Son quen de comer en proporción ó que te boto de menos”.
Poema nacido dunha costela (de porco).
Decirvos que Lucía Aldao
dende que tiña dezaseis anos vai pola nosa Galiza dando recitais de poesía.
Fai espectáculos onde
mestura teatro, música, videocreación e poesía xunto coa actriz Pepa Yáñez.
María Lado e Lucía Aldao. Grupo Aldaolado |
Forma parte do dúo
chamado Aldaolado, con María Lado. Xuntas, percorren as vilas galegas cos seus
versos, unha guitarra e gañas de pasalo ben.
Participaron no Programa
número 1000 de Luar onde fixeron unha particular tradución do poema “Lingua
proletaria do meu pobo” de Celso Emilio Ferreiro. Foi unha tradución simultánea
galego-español, en honor a todas aquelas persoas “que o entenden e non o falan”.
Cando fala do proceso de creación di que:
" un
poema nunca vén en anacos. Escribir suponme un terrible exercicio de
concentración. Podo estar cismando no poema durante meses ata que un día
necesito botalo fóra. Entón déixoo saír sen tachaduras e quedo cunha
satisfacción intensa, unha sensación física de baleirado. Son poemas de amor,
historias que nacen das vivencias. Busco a narración, non a evocación. E lévoo ao extremo. Son unha poeta da
esaxeración".
Deixamos aquí dous vídeos. O primeiro da súa actuación en Luar e o segundo un vídeo para aprender ben "iso da colocación do pronome átono".
Se queredes saber máis sobre Carnes e Cancro soamente tedes que seguir o blog de GCiencia.
Se queredes saber máis sobre Carnes e Cancro soamente tedes que seguir o blog de GCiencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario