24/11/15

GABRIEL TIZÓN. MARTES FOTOGRÁFICO 2

Gabriel Tizón. Fotografía: Iris Cabezas
Hoxe presentamos ao fotoperiodista ferrolano  Gabriel Tizón. 

Na súa páxina web preséntase deste xeito:  “A miña vida estaba totalmente desorientada e apuntaba mal. Ninguén, incluída a miña familia, confiaba en min. A fotografía aparece na miña vida aos 16 anos, cando un amigo ensíname a revelar. Pareceume maxia e, desde entón, situoume nesta sociedade, ofreceume a posibilidade de sentirme protagonista mentres observo e escoito aos demais.”

A fotografía para Gabriel Tizón  é sinónimo de supervivencia, a palabra do intuitivo, a voz das súas dúbidas. Conta que mentres fai fotografías encontro un refuxio de soidade e, á vez, aprendo a comunicarme cos demais, a sentir empatía polo humano, a ser veciño na distancia.


En definitiva, á fotografía débolle unha gran parte de min. A outra lla debo ao mar.

Podemos contemplar o seu traballo xa que temos unha exposición temporal  (PROXECTO MUROS) no Centro Torrente Ballester de Ferrol.
Exposición Proxecto Muros
Na exposición preséntanse 62 imaxes de rostros e momentos que nos dan unha idea da vida dos refuxiados na Illa de Lesbos en Grecia fuxindo da guerra na procura do camiño da oportunidade.  

A exposición tamén inclúe o audiovisual  "Lesbos, a illa que non flota", asinada por el e por Rocío Botana. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario