3/11/15

OS MÉRCORES ILUSTRADOS II. PREMIO NACIONAL DO CÓMIC 2015

O pasado 23 de outubro dábase a coñecer que o guionista Santiago García e o debuxante Javier Olivares foron galardoados co Premio Nacional do Cómic correspondente a 2015 pola súa obra "Las meninas". 

 O xurado escolleuna por «ser unha obra que asume un risco na estrutura narrativa e no enfoque gráfico, que se resolve con brillantez, e por constituír un bo achegamento á figura de Velázquez, a súa época e a súa influencia noutros artistas».
Javier Olivares

 O premio, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros e ten como obxecto distinguir a mellor obra publicada en calquera das linguas do Estado durante o ano anterior.


Javier Olivares (Madrid, 1964) é ilustrador e historietista; iniciouse na revista Madriz nos anos oitenta, e desde entón ten combinado o seu traballo en numerosas publicacións (como El País Semanal ou El Mundo) coa ilustración de libros de todo tipo. Entre os seus cómics máis destacados están La caja negra, Cuentos de la estrella legumbre e El extraño caso del doctor Jekyll y mister Hyde, con guión tamén de Santiago García.

Aproveitando a cita do Blog "Soy Leyenda" sobre a obra “Las meninas” ven a dicir que non é unha biografía ao uso sobre Velázquez. Trátase dunha mirada orixinal a un artísta, un dos máis grandes da súa época e un xogo moi persoal que, sen deixar de lado a ironía e o sentido do humor, intenta amosar a súa influencia, o seu afán creador e en termos xerais, o senso e a trascendencia do arte. É dicir, unha historia sobre o mito de Velázquez e a súa obra mestra.  

"Las meninas" ten obtido ademais, entre outros, o premio á Mellor obra no Salón do Cómic de Barcelona.


Mentras debuxaba "Las Meninas", Javier Olivares grabou algúns videos onde vese o proceso artesanal do seu traballo. Neste video podemos disfrutar  delo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario