14/1/16

QUE BEN SE PASA NA FIN DE SEMANA 5

Voltamos a darvos suxerencias sobre a actividade cultural na Comarca.

TEATRO 
Pazo da Cultura Narón.SÁBADO 16. 20.00 H 

"Los Esclavos de mis esclavos" Teatro Meridional 
Varios cooperantes secuestrados nunha cova, nas montañas de Afganistán, xunto cun dos seus captadores: son catro vítimas da situación xeopolítica e do seu propio desexo de acción. Que poden facer? Como sobreviven? 

MOSTRA COMIC: MUSEO DO HUMOR DE FENE


“Liberdade con humor, sempre!” é título da mostra que o Museo do Humor de Fene abrirá ao público nos vindeiros días nunha das salas da súa exposición permanente (2º andar da Casa da Cultura). A mostra  inclúe unha ducia de debuxos de humor de autores de distintos países, nos que se evocan os valores da liberdade de expresión e de prensa, en lembranza dos debuxantes mortos en París a comezos do pasado ano. Boa parte dos deseños proveñen de distintas edicións do prestixioso concurso PortoCartoon.
A campaña, impulsada polo Museo da Imprensa de O Porto, xorde como resposta ao atentado contra o semanario Charlie Hebdo do que se ven de conmemorar o primeiro aniversario...

Máis información no enlace: Museo do Humor 

MÚSICA

TEATRO JOFRE. VENRES 15. 20.00 H

FETÉN FETÉN E CUARTETO CARAMUXO

Cuarteto Caramuxo
Fetén Fetén propón melodías nun espectáculo con composicións orixinais atravesando distintos estilos musicais da música popular, tradicional ou tamén do cabaret.  Tamén interpretan Valses, fandangos, boleros, tarantelas, sonidos mediterráneos, ritmos do Este de Europa e influencias da música do centro de España.

CUARTETO CARAMUXO

Desarman desde un principio, pois son un cuarteto que suman seis instrumentistas: catro clarinetes, acordeón e percusión. Parten de pezas do canto galego de tradición oral para xogar con elas e crear uns instrumentais que presentan ao vivo con elegancia e certa teatralidade. 





PINTURA. ESCULTURA. GALERÍA SARGADELOS

Inauguración da exposición "Oceanario" de Xaime Fuentes

Exposición do creador ourensano Xaime Fuentes. A súa obra reflexa a forza e a luz do oceano Atlántico a través de esculturas, pinturas e collage.



No hay comentarios:

Publicar un comentario