Deixamos aquí un vídeo da FAO onde se fala da importancia dos legumes na seguridade alimentaria.
14/1/16
2016 ANO INTERNACIONAL DOS LEGUMES
O Ano Internacional dos LEGUMES 2016 (AIL) ten como obxectivo aumentar a concienciación pública sobre os beneficios nutricionaIs dos legumes dentro dunha produción sostible de alimentos orientada cara á seguridade alimentaria e a nutrición. O AIP 2016 supón unha oportunidade única de crear lazos na cadea alimentaria para aproveitar mellor as proteínas dos legumes, incrementar a súa produción mundial, facer mellor uso da rotación de cultivos e abordar os desafíos no comercio de legumes.
Deixamos aquí un vídeo da FAO onde se fala da importancia dos legumes na seguridade alimentaria.
Deixamos aquí un vídeo da FAO onde se fala da importancia dos legumes na seguridade alimentaria.
QUE BEN SE PASA NA FIN DE SEMANA 5
Voltamos a darvos suxerencias sobre a actividade cultural na Comarca.
TEATRO
Pazo da Cultura Narón.SÁBADO 16. 20.00 H
"Los Esclavos de mis esclavos" Teatro Meridional
Varios cooperantes secuestrados nunha cova, nas montañas de Afganistán, xunto cun dos seus captadores: son catro vítimas da situación xeopolítica e do seu propio desexo de acción. Que poden facer? Como sobreviven?
MOSTRA COMIC: MUSEO DO HUMOR DE FENE
Máis información no enlace: Museo do Humor
MÚSICA
TEATRO
Pazo da Cultura Narón.SÁBADO 16. 20.00 H
"Los Esclavos de mis esclavos" Teatro Meridional
Varios cooperantes secuestrados nunha cova, nas montañas de Afganistán, xunto cun dos seus captadores: son catro vítimas da situación xeopolítica e do seu propio desexo de acción. Que poden facer? Como sobreviven?
MOSTRA COMIC: MUSEO DO HUMOR DE FENE
“Liberdade con humor, sempre!” é título da mostra que o Museo do Humor de Fene abrirá ao público nos vindeiros días nunha das salas da súa exposición permanente (2º andar da Casa da Cultura). A mostra inclúe unha ducia de debuxos de humor de autores de distintos países, nos que se evocan os valores da liberdade de expresión e de prensa, en lembranza dos debuxantes mortos en París a comezos do pasado ano. Boa parte dos deseños proveñen de distintas edicións do prestixioso concurso PortoCartoon.
A campaña, impulsada polo Museo da Imprensa de O Porto, xorde como resposta ao atentado contra o semanario Charlie Hebdo do que se ven de conmemorar o primeiro aniversario...
Máis información no enlace: Museo do Humor
MÚSICA
TEATRO JOFRE. VENRES 15. 20.00 H
FETÉN FETÉN E CUARTETO CARAMUXO
Cuarteto Caramuxo |
Fetén Fetén propón melodías nun espectáculo con composicións orixinais atravesando distintos estilos musicais da música popular, tradicional ou tamén do cabaret. Tamén interpretan Valses, fandangos, boleros, tarantelas, sonidos mediterráneos, ritmos do Este de Europa e influencias da música do centro de España.
CUARTETO CARAMUXO
Desarman desde un principio, pois son un cuarteto que suman seis instrumentistas: catro clarinetes, acordeón e percusión. Parten de pezas do canto galego de tradición oral para xogar con elas e crear uns instrumentais que presentan ao vivo con elegancia e certa teatralidade.
PINTURA. ESCULTURA. GALERÍA SARGADELOS
Inauguración da exposición "Oceanario" de Xaime Fuentes
Exposición do creador ourensano Xaime Fuentes. A súa obra reflexa a forza e a luz do oceano Atlántico a través de esculturas, pinturas e collage.
10/1/16
NOVELA E MÚSICA E TAMÉN UN POUCO DE ARTE: “EL BAR DE LAS GRANDES ESPERANZAS” J.R. Moehringer.
Empezamos coa Novela de
J.R. Moehringer "El bar de las grandes esperanzas" publicada en castelán pola Editorial
Duomo.
É unha obra
autobiográfica pero novelada na que narra parte da vida do autor.
A vida dun mozo
con moitas gañas de vivir a súa propia vida.
A personaxe sofre unha ausencia de pai e
cumpre cun amor de mai. Unha mai que ten que traballar duro para soster a casa. Ao pai, soamente o escoita na radio, xa que é locutor, pero fáltalle a súa
presenza.
Frank Sinatra |
A falta de pai a suple nun bar da súa barriada, en Manhasset, preto
de Nova York. Este bar dálle a oportunidade de coñecer a moitas persoas que lle
darán unha bagaxe que complementará a súa formación posterior.
Nos 46 capítulos
vivimos as diferentes anécdotas e a intensidade dos distintos personaxes deste
delicioso libro.
Podemos atopar ao longo
da súa lectura gran cantidade de alusións ao mundo musical, tanto de cancións
como de grandes figuras da canción. Así destacan: Frank
Sinatra, Van Morrison, The Beatles, Ella Fitzgerald, Steve Wonder, Nat King
Cole e Burt Bacharach entre outros. Frank Sinatra aparece moitas veces nesta novela.
Tamén aparecen grandes temas
como por exemplo:
“Working my way back
to you” do grupo Four Seasons
“ I got you Babe” de Sonny & Cher
“Side by side” de Tin Pan Alley
“Summer Wind” , “What kind of fool I am?”,
“My way” e “All or nothing at all” de Frank Sinatra
“Blue Velvet” de Bobby Vinton
“I want to hold your hand” The Beatles.
Tamén faise unha pequena
escolla de temas de música clásica entre os que destacan :
“Sonata en Do maior” e o “Quinteto para piano e vento en Mi bemol mayor” de Mozart
“Suite dos planetas” de
Gustav Holst
“Claro de luna” de
Debussy
O protagonista fai tamén
un pequeño paseo por obras de pintura como son:
A Creación de Adán (Capilla Sixtina). "Miguel Ángel" |
A creación de Adán de
Miguel Ángel
Moderna conversación a
medianoche de William Hogarth
Retratos de John
Singleton Copley
Obras de Kandinsky e
Edward Hopper
Noutro momento voltarei a
falar desta Novela a propósito de todas as citas e comentarios literarios que
aparecen sobre grandes obras da literatura así como do pensamento.
Unha obra que
recomendamos ler.
7/1/16
PRIMEIRO CONCURSO PORTAS NO NADAL. RUBRICA E TODO.
Iniciamos o ano 2016 e queremos agradecer a todo o alumnado, o marabilloso día que vivimos no último día de clase do 2015.
Celebramos o 1º CONCURSO PORTAS NO NADAL
TEMOS QUE AGRADECERVOS O
VOSO INTERESE xa que participaron todos os cursos adornando as respectivas portas de aula. Tamén poidemos disfrutar dos adornos feitos nos
departamentos. Aquí si que houbo algún departamento que non participou. Xa o farán
no vindeiro curso.
En xeral podemos dicir
que todas tiveron moi bo aspecto. Para que o xurado poidera levar unha
valoración o máis axeitada posible deseñamos desde a Biblioteca a seguinte
rúbrica.
Os diseños foron moi
divertidos e houbo moito enxeño.
Os cursos gañadores foron:
3ºESO A, 2ºESO B e 2ºESO A.
Houbo un accésit para 4º ESO D.
5/1/16
CLUBS DE LECTURAS NO PRIMEIRO TRIMESTRE
Durante o primeiro trimestre puxemos a andar os diferentes clubs de lectura.
Os libros que se leron foron os seguintes:
Os libros que se leron foron os seguintes:
Grupos de 3º ESO:
Búscame en África (Blanca Álvarez)
Me llamo Suleimán (Antonio Lozano)
Grupo de 4º ESO
Poesía de Manuel
María: Terra Cha
e unha relación de libros
a escoller. Fíxose unha pequena biblioteca de lecturas compartidas. Entre as que
destacan :
Rapaces de Dublín (Jean
Claude Alain), Contos populares Portugueses, Cuentos de Fútbol 2, O relato
fatástico. De Poe a Lovecraft, Mutacións xenéticas (Fina Casalderrey), Momo (Michael Ende), Los espejos venecianos (Joan
Manuel Gisbert), Antología de los mejores relatos de ciencia ficción, A modelo descalza (Jordi Sierra i Fabra),
Flanagan 007 (Andreu Martin & Jaume Ribera, Tralo último dinosaurio (Manuel
Alfonseca), El paso del estrecho (Fernando Lalana), Xente coma min (Ursula
Heinze).
Grupo de 2º de ESO
“A tribo ten catro ríos”
de Manuel María
Grupo de 1º de Bac (Lecturas científicas)
"Un mundo de hormigas" (Editorial S.XXI)
"Una tumba para los Romanov" (Raúl Alzogaray)
"Causas y azares" (Gabriel Mindlin)
Grupo de 2º de Bac
Terra Cha de Manuel María (Xerais)
“Raíz da fenda” de
Berta Dávila (Xerais)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)