23/12/15

CANTA O CUCO. UXÍA E MAGÍN NA CASA DE MANUEL MARÍA

Queremos destacar hoxe que imos cara á Noiteboa e Nadal o libro-disco Canta o Cuco (Uxía e Magín na casa de Manuel María) , editado por árbore/galaxia  e  ilustrado dun xeito marabilloso por Leandro Lamas. 
Libro disco Canta o Cuco

O libro é unha ollada arredor do Universo poético de Manuel María.
Unha revisión contemporánea dos seu versos, tan vixentes aínda para as nenas e os nenos do século XXI.
Os poemas escollidos son unha escolma dos seus libros de poemas para nenos e nenas: As rúas do vento ceibe e Os soños na gaiola e doutros poemarios como Terra Chá, Panxoliñas ou Os lonxes do solpor, e mais unha creación propia: Todo me fala de ti, onde Uxía e Magín dialogan co poeta e coa súa rica personalidade.
Hai tamén recitados, onde procuran achegar os temas que o poeta vivía con paixón: o espazo vital, a terra, a lingua e a identidade.


Tedes aquí un vídeo de RadioVoz (voces de Galicia)


9/12/15

Berta Dávila e o seu libro ‘O derradeiro libro de Emma Olsen’

Berta Dávila gaña o Premio Guillermo de Baskerville con ‘O derradeiro libro de Emma Olsen’


Queremoslle dar a nosa nóraboa a autora polo novo premio.

O libro vai pola súa cuarta edición na versión orixinal en galego. A novela, xa gañara o  Premio de Narrativa Repsol, e tamén o  Premio da Asociación de Editores ou o Mellor Libro de Ficción 2013. 

Berta Dávila
O libro ten sorprendido pola súa trama, pola potencia da voz narradora e, tamén, pola beleza das súas páxinas.

Deixo aquí un enlace sobre o que se comenta deste libro que ven merece a pena da editorial mar-maior


Book-trailer do libro

6/12/15

NADALPORTAS 2015. DECORAMOS A PORTA DA AULA

Ben xa está aquí o Nadal.
Este ano propoñemos unha nova actividade para que a fagades todos xuntos.
Trátase de adornar a porta da vosa aula con adornos centrados en temas típicos de Nadal. 
Queremos que a porta teña unha aparencia máis agradable e fermosa.
Pero para facer iso, tedes que seguir unha serie de normas para que a cousa non se vos vaia das máns.
Tedes aquí o CARTEL-PRESENTACIÓN-NORMAS que imos poñer tamén na cortiza da aula.
SOAMENTE PEDIMOS QUE VOS ANIMEDES A PARTICIPAR.
RECORDAR O DISEÑADES E TEDES TODO PREPARADO DE ANTEMÁN PARA QUE O DÍA 18 O PUIDERDES MONTAR


3/12/15

QUE BEN SE PASA NA FIN DE SEMANA 4

XA SABEMOS QUE HAI MOITO QUE ESTUDIAR, PERO TAMÉN PODEDES ESCOLLER ENTRE TODO QUE VEXADES AQUÍ PARA RELAXAROS UN MOMENTIÑO.

MÚSICA
VENRES  4. MARIANNE CORNETTI, de Verdi a Broadway. "FERROL EN CLAVE LÍRICA". AUDITORIO DE FERROL 20.30 
Marianne Cornetti,mezzosoprano

Interpretará arias de operas de Verdi, Donizetti, Wagner, Gounod, y canciones de musicales de Broadway (“My fair lady”, “Sonrisas y lágrimas”, South Pacific”, …)

Marianne Cornetti é unha das principais mezzosopranos norteamericanas, cunha carreira internacional que a leva a cantar nos máis importantes teatros e festivais do mundo

SÁBADO 5. DANIEL BELLÓN E DIEGO MACEIRAS. FENE. 20.00

A SCRD Agarimo de Sillobre acollerá este sábado 5 de decembro, a partir das 20 horas, o concerto-presentación do terceiro disco de Daniel Bellón e Diego Maceiras, un novo traballo titulado “Ten10” co que conmemoran o seu décimo aniversario como dúo. A entrada ao concerto  de Bellón & Maceiras será de balde ata completar o aforo.


ADIANTAMOS TAMÉN QUE O VINDEIRO XOVES 10 NO PAZO DA CULTURA DE NARÓN PODEREMOS ASISTIR AO VISIONADO DA PELÍCULA  ROI E A FADA.


A historia da Pena Molexa, a moura que se transformou en pedra por amor e que agora podes atopar nos montes do Val de Trasancos contada polos veciños de Narón.
Baseada nos libros das lendas de Andrés Pena Graña.


TEATRO PARA PEQUES

Hoxe no Auditorio de Narón temos un espectáculo para aqueles que teñan pequenos na casa.
A compañía xa a coñecemos. Son Teloncillo Teatro, que representan a obra "Olas". 
Espectáculo dirixido aos pequenos de todo. De novo a poesía feita canción cun tema central: "a auga" e un espacio moi particular, o patio de Chloe.

Teloncillo vos convida a pasar un momento moi sensorial, con sons acuáticos, maxia, luz, música e cancións en directo encamiñados a xogar coas gotas, coa choiva, coa auga,co mar, cos peixes, coas olas...

A obra comeza ás 18 horas.

30/11/15

1 DE DECEMBRO DÍA MUNDIAL DA SIDA

Hoxe celébrase o día mundial da SIDA. Temos que tomar conciencia e non baixar a garda contra o VIH.
Deixamos aquí unha serie de documentos que vos poden axudar


Mensaxe de Michel Sidibé Director Executivo de ONU SIDA, Secretario Xeral Adxunto das Nacións Unidas


A RESPOSTA RÁPIDA PARA ACABAR CO SIDA
Segundo a ONU, na actualidade 15 millóns de persoas teñen acceso ao tratamento contra o VIH. As novas infeccións reducironse un 35 % desde o ano 2000 e as mortes por causas relacionadas coa SIDA baixaron un 42 % desde o 2004.
O mundo está adoptando a estratexia da Resposta Rápida para poñer fina á SIDA. Para erradicar esta epidemia cara o 2030 no marco dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible precisaráse acelerar a inversión, o compromiso e a innovación.
Para  non esquecer como podemos evitar o contaxio do VIH, tedes aquí unha información en formato imaxe: Decálogo da Cruz Vermella

CINE E SIDA. TRES EXEMPLOS 

PHILADELPHIA  1993


A actuación de Tom Hanks é impresionante e a historia refrexa o que foi para os homosexuais unha época oscura e difícil cando empezou a darse a coñecer a enfermidade. 

AS HORAS 2002
Película de grande protagonismo feminino. Tres historias de distintas mulleres que tratan de atoparlle sentido á vida. Na última historia a protagonista está profundamente enamorada do seu amigo que está enfermo de SIDA.



LA NIÑA DE TUS SUEÑOS  1995
Película española. Onde trátase o caso dunha nena seropositiva. Na trama ponse de manifesto que non toda a xente está disposta a entender e achegarse aos enfermos con SIDA.


DOCUMENTAIS
CRÓNICAS HUELLAS DEL SIDA
No ano 2011 cumpríronse 30 anos dos primeiros casos de SIDA.  A RTVE emitiu un documental que pode serviros para entender ben a enfermidade a nivel social. 


NOVELAS E SIDA
Deixamos aquí unha pequena selección de libros de literatura xuvenil que se adentran no mundo da enfermidade da SIDA


29/11/15

CONCURSO DE RELATOS CURTOS CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

Aproveitamos o inicio da XXI Conferencia sobre o Cambio Climático ou tamén chamada a Cumbre do Clima para loitar contra o Cambio climático desde a nosa Biblioteca sendo activistas.

Hai un millón de cousas que podemos facer para loitar contra o cambio climático. Que tal si presentas un breve relato de ficción que sirva para tomar conciencia do problema.
Podes  tocar temas como: o uso responsable da auga, o uso do transporte público, máis bici e menos coche, menos consumo, uso das enerxías renovables, consumir produtos cercanos a nós, reciclar, reutilizar…

Podes inventar situacións e personaxes. Tamén o podes ilustrar. 
O prazo iniciáse o 1 de decembro e rematará o vindeiro 15 de xaneiro.


Os relatos se presentarán escritos en ordenador, en formato DinA4, con tipografía Times New Roman, tamaño de letra 12 puntos e interlineado sinxelo, márxes mínimos de 2,5 cms.
 
A extensión máxima dos  relatos será de tres páxinas e cada autor/a poderá presentar un único relato.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR

28/11/15

PASAMENTO DE DON XOSÉ NEIRA VILAS.

Deixar desde este recuncho  a nosa homenaxe a 
D. Xosé Neira Vilas. 
Balbino sentiráse triste nos andeis das nosas Bibliotecas.
Como dicía D. Xosé "eu son xornaleiro das palabras". E constriui ao noso Balbino.
E Balbino contesta "Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Como quen din, un ninguén. E ademáis, pobre".
O grande autor morreu na súa aldea o pasado 27 de novembro , alá en Gres (Vila de Cruces), onde lle gustaba bailar coa súa muller Anisia. 
Un agradecemento aos dous por dar tanto á Cultura de Galicia.

Vai por DON XOSÉ E POR DOÑA ANISIA







26/11/15

QUE BEN SE PASA NA FIN DE SEMANA 3

"La Mirada del Otro" no Jofre
Ben, xa está aquí outra fin de semana cunha grande cantidade de manifestacións culturais que presentamos para que logo non digades que non o sabíades.

TEATRO
LA MIRADA DEL OTRO. TEATRO JOFRE. SÁBADO 28. 20.30 
Unha intensa peza que leva a escena o encontro entre un membro de ETA e unha vítima do terrorismo.
Non pretende ser unha obra documental nin política. Na preparación do encontro e o encontro pretender tratar a íntima loita do individuo para superar o insuperable. A compañía 43-2 ofrece unha comprometida mirada sobre o conflito vasco. 

EL HIJO DE LA NOVIA. PADROADO DA CULTURA DE NARÓN. SÁBADO 28. 20.00

Melodrama familiar donde o cariño, o amor e a dor van da man a través dunha historia, con persoaxes cotiás, que trata de temas normais do día a día. Seguramente recorden a película arxentina dirixida por Juan José Campanella,  co mesmo nome que foi nominada ao Óscar no ano 2001. A interpretaban Héctor Alterio, Ricardo Darín e  Norma Aleandro. Ciertamente unha película conmovedora. 

O reparto desta obra teatral é de luxo con Juanjo Artero, Álvaro de Luna, Tina Sainz, Sara Cozar e Mikel Laskurain. Destaca o traballo de Juanjo Artero e as escenas cheas de emotividade e sentimento con Tina Sainz. Tamén destacar a aparición de Álvaro de Luna.

COMEDY ZOO. MONÓLOGOS TEATRO JOFRE. DOMINGO 29. 20.00 

Xuntos por primeira vez no escenario, Santi Millán, José Corbacho e Javi Sancho. Espectáculo único, interactivo e que che sacará unhas boas gargalladas. Sempre lles gusta conectar coa xente, e por iso informánse de aspectos locais, das súas costumes, do que pasa... 
O malo é o prezo. 

PINTURA, DEBUXO E GRAFISMO

BEATRIZ SEIJO EN SARGADELOS. VENRES E SÁBADO DE 10 A 13.30 E DE 17 A 21. Pintora de Fene que vos sorprenderá.

A PROPÓSITO DO DEBUXO. NO CENTRO CULTURAL TORRENTE BALLESTER. (ATA O 6 DE DECEMBRO)

É Unha mostra de debuxo contemporáneo a través da ollada interxeneracional de seis artistas galegos. Susana Bermejo, Marta Bran, Bosco Caride, Héctor Francesch, Tamara Feijoo e Elena Fernández Prada. 
Medio cento de pezas dos artistas galegos máis interesantes das últimas xeracións. 

IBÁÑEZ: O MAGO DO HUMOR. NO MUSEO DO HUMOR (FENE). Luns a Venres
(10-13 horas- 16-20.50 horas)
Sábado de 10 a 12 

Francisco Ibáñez é o creador, debuxante e guionista dos persoaxes do Mortadelo e Filemón, o Botones Sacarino ou Pepe Gotera e Otilio. 
A mostra reúne máis de cen revistas publicadas desde os anos cincuenta ata a actualidade, unha ampla recopilación de artigos de mechandising e unha serie de debuxos orixinais, que conforman o núcleo desta exposición, unha alfaia no panorama do cómic español. 


MÚSICA
SÉS NA PRAZA DE ESPAÑA DE FERROL. SÁBADO 28. 21.30 horas

A cantante Sés, María Xosé Silvar

Actuación de Sés
A actuación será de balde, na praza de España. Haberá unha carpa por se chove. A actuación se enmarca no programa de actividades organizadas con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia contra as mulleres.

Sés está a presentar o seu terceiro disco, “Tronzar os valos”, no que suma as enerxías do rock e da canción de autor de América Latina en doce temas de beleza e combate, nos que se sinte a potencia do rock e a súa intensa condición de cantora. María Xosé Silvar é rockeira e cantareira, comprometida e libre, sentimental e enérxica, segundo ela mesma se define, nun tempo de “Tronzar os valos”, de “responder con música e ideas, con ilusión contra o abatemento”.


25/11/15

CONTRA O MALTRATO ÁS MULLERES

Hoxe foi un día que adicamos a loitar contra a Violencia que se exerce ás mulleres.

Xa comentamos a lectura do comunicado que se leu por parte de alumnas nas distintas aulas.
Tamén na Biblioteca fíxose unha actividade de concienciación. PALABRAS CONTRA O MALTRATO E 
FRASES CONTRA O MALTRATO. 
Repartimos pegatas e lazos violetas. 

No vestíbulo poidemos ollar unha serie de paneis feitos desde Orientación. GRAZAS AO TRABALLO DE CHUS BARREIRO. 

Deixamos aquí unha mostra do Vestíbulo do Instituto. 






E tamén poidemos disfrutar dun documental feito polos alumnos de Tecnoloxía informático sobre a Violencia de Xénero. Grazas tamén á nosa compañeira  Irene Mira e aos seus alumnos de TIC. 

Deixamos ademáis unha suxerencia audiovisual.



QUE SABEMOS DE ALBERT EINSTEIN

Hai xa cen anos que Albert Einstein presentou ó mundo a súa teoría xeral da relatividade, unha extensión da súa famosa teoría especial da relatividade. Pasou a ser considerado un dos grandes científicos do mundo. 
V Conferencia Solvey 1927

Seguramente sexa un dos científicos máis recoñecibles cando presentamos unha fotografía del entre moitos compañeiros. Vai unha proba. Seguro que recoñeces a Albert, pero a poucos dos seus colegas. 
Aproveitando tamén o día no que estamos podemos ver esa discriminación que sofrían e sofren as mulleres científicas.
Na fotografía hai unha muller. A localizas? Saberías decir quen era? 

A Einstein o atopas en moitos lugares (camisetas, carteis, arte...). Era unha estrela e o segue a ser.
Seguro que non sabes moitas cousas del. Pois vos deixo aquí un vídeo de Javier Santaolalla, físico no CERN e membro do grupo The Big Van Theory


Tamén tedes que saber que Einstein sempre defendeu o feito de que as súas teorías se fundamentaban noutros traballos de científicos anteriores, como Gauss e Riemann. É dicir, que Einstein estaba sustentado sobre os ombros de moitos científicos

Ilustración de Laurent Taudin en estilo de Albert Uderzo



24/11/15

COMUNICADO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Mañá é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.


Na quinta hora, en cada aula, vaise ler un comunicado elaborado por dúas alumnas de 2º de Bacharelato.  

"Hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, data que ten un importante fin: chamar a atención sobre a situación de miles de mulleres e nenas que están a sufrir todo tipo de maltrato e humillacións a diario pola simple razón de "ser mulleres". Nos medios de comunicación falarase durante todo o día deste tema, farán balance sobre os últimos casos deste tipo de violencia e entrevistarán a mulleres que teñen conseguido saír do escuro pozo que é o maltrato.

Todos e todas solidarizarémonos coas vítimas e os políticos prometerán tomar medidas para solucionar o problema, pero o máis probable é que mañá moitos xa o terán esquecido e seguirán co seu día a día, sen maior preocupación.

Realmente conseguimos melllorar a situación da muller nestes últimos anos? A verdade é que non, incluso empeorou. O número de mulleres maltratadas non diminúe e cada vez as vítimas son máis xoves, mozas da nosa idade que sofren todo tipo de abusos físicos, psíquicos e sexuais.

É importante entender que o maltrato non é soamente o feito de que a túa parella che levante a man, senón tamén que controle que roupa te pos, con quen e a onde saes, recibir insultos e burlas, crerse mellor ca ti, humillarte...  Esta é quizais a forma máis grave de abuso e a que máis dano fai, provoca na persoa que a sofre unha baixa autoestima e unha falta de autorealización. El sempre tratará de disculparse e dirá que te quere, pero o amor non ten nada que ver con iso. Querer a alguén é respectalo, non coartar a súa liberdade nin desprecialo.

Este é un problema da sociedade que non se solucionará ata que cambiemos o modelo educativo, olvidemonos de roles e tópicos, como que as nenas só poden xogar con bonecas e vestir de rosa e os nenos teñen que xogar con coches e vestir de azul; e comecemos seriamente a educar en igualdade, tanto na casa como na escola-instituto, tratando estes temas sen trampas.

Para acabar co machismo e a violencia contra as mulleres debemos traballar todos xuntos, homes e mulleres, non quedar calados ante estas inxustizas, cambiando a nosa actitude e esixindo medidas eficaces aos nosos gobernantes.

¡ NON SEXAS DESES QUE AO DÍA SEGUINTE XA SE TEN OLVIDADO DO TEMA!

¡ NON Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES! DENUNCIA, REXEITA A VIOLENCIA, NON CALES."

Comunicado das alumnas de 2º de Bacharelato do IES As Telleiras.  

GABRIEL TIZÓN. MARTES FOTOGRÁFICO 2

Gabriel Tizón. Fotografía: Iris Cabezas
Hoxe presentamos ao fotoperiodista ferrolano  Gabriel Tizón. 

Na súa páxina web preséntase deste xeito:  “A miña vida estaba totalmente desorientada e apuntaba mal. Ninguén, incluída a miña familia, confiaba en min. A fotografía aparece na miña vida aos 16 anos, cando un amigo ensíname a revelar. Pareceume maxia e, desde entón, situoume nesta sociedade, ofreceume a posibilidade de sentirme protagonista mentres observo e escoito aos demais.”

A fotografía para Gabriel Tizón  é sinónimo de supervivencia, a palabra do intuitivo, a voz das súas dúbidas. Conta que mentres fai fotografías encontro un refuxio de soidade e, á vez, aprendo a comunicarme cos demais, a sentir empatía polo humano, a ser veciño na distancia.


En definitiva, á fotografía débolle unha gran parte de min. A outra lla debo ao mar.

Podemos contemplar o seu traballo xa que temos unha exposición temporal  (PROXECTO MUROS) no Centro Torrente Ballester de Ferrol.
Exposición Proxecto Muros
Na exposición preséntanse 62 imaxes de rostros e momentos que nos dan unha idea da vida dos refuxiados na Illa de Lesbos en Grecia fuxindo da guerra na procura do camiño da oportunidade.  

A exposición tamén inclúe o audiovisual  "Lesbos, a illa que non flota", asinada por el e por Rocío Botana. 





20/11/15

VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe e mañá estaremos presentes nas VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia.
É unha actividade organizada pola Consellería de Educación (Asesoría de Bibliotecas Escolares)
Estaremos dous días de xuntanza onde compartiremos as experiencias entre os bibliotecarios/as dos centros educativos. Falaremos dos proxectos que se están a facer e tamén asistiremos a conferencias onde expertos de distintos ámbitos axudaránnos a reflexionar sobre os novos retos que teremos que afrontar.
Tedes aquí o programa para que poidedes curiosear sobre o que faremos alá.

Á volta falaremos do que aprendimos. 


O VENRES HAI MOITO ARTE 2

Temos hoxe unha visión da muller na Historia da Arte. 
No vestíbulo podemos disfrutar dun visionado da Exposición Dixital.





Podemos ver a muller na Arte desde o Paleolítico, Mesolítico, Neolítico, e pasaremos tamén polo mundo Griego, Romano, o Renacemento ata chegar ao século XX.








18/11/15

QUE BEN SE PASA NA FIN DE SEMANA 2

Fotografía de Gabriel Tizón
Van aquí as recomendacións para esta fin de semana longa que temos.

FOTOGRAFÍA
Exposición fotográfica do ferrolano Gabriel Tizón no centro Torrente Ballester. Especializado en retratar coa cámara, o humano que nin a miseria pode agochar. Exposición do Proxecto Muro, visión persoal e profesional dos novos refuxiados en Europa. 

                                        DÍA DE NARÓN
Durante toda a fin de semana haberá actividades na praza de Galicia. Instalouse unha carpa na que se poderá seguir todo un plan de actividades. O Domingo está programada unha marcha sendeirista e o Luns haberá na praza de Galicia un magosto.

TEATRO (Venres 20)
Camila Bossa e Iolanda Muiños protagonizan a obra teatral repleta de humor "Malos Hábitos", na que celebrarán o que elas chaman unha "micromisa". No museo do Humor de Fene ás 20 horas do venres 

MÚSICA 

Susana Seivane na Sala Super 8 o sábado 21 ás 22.30. 
Seivane está a punto de sacar un novo disco. 

No Jofre iniciase o sábado 21 ás 20.30 o Concerto inaugural "Premio Internacional de Piano"


Edición do 2014

PROMÉTOCHO

O Movemento "Te lo prometo org" está a facer unha mobilización ven bonita.
Propón á xente facer promesas a outras persoas como son, fillos, fillas, netos, sobriños e máis, para cumplir pequenas accións de loita contra o Cambio Climático. Daráse dese xeito voz ó sentir cidadán. 
Ese pulo o teñen que sentir os participantes na Conferencia sobre o Cambio Climático que vai ter lugar en París do 30 de novembro ata o 11 de decembro.
Podemos polo tanto participar e facernos oir.  
Na Biblioteca imos impulsar unha actividade similar, de tal xeito que faremos un panel onde ti poidas propoñer unha idea ou un xesto para actuar contra o Cambio Climático.

Propostas da páxina web TELOPROMETO ORG