Queremos destacar hoxe
que imos cara á Noiteboa e Nadal o libro-disco Canta o Cuco (Uxía e Magín na
casa de Manuel María) , editado por árbore/galaxia e ilustrado dun xeito marabilloso por Leandro
Lamas.
Libro disco Canta o Cuco |
O libro é unha ollada
arredor do Universo poético de Manuel María.
Unha revisión
contemporánea dos seu versos, tan vixentes aínda para as nenas e os nenos do
século XXI.
Os poemas escollidos son
unha escolma dos seus libros de poemas para nenos e nenas: As rúas do vento
ceibe e Os soños na gaiola e doutros poemarios como Terra Chá, Panxoliñas ou Os
lonxes do solpor, e mais unha creación propia: Todo me fala de ti, onde Uxía e
Magín dialogan co poeta e coa súa rica personalidade.
Hai tamén recitados, onde
procuran achegar os temas que o poeta vivía con paixón: o espazo vital, a
terra, a lingua e a identidade.
Tedes aquí un vídeo de
RadioVoz (voces de Galicia)