24/2/16

DÍA DE ROSALÍA. 24 DE FEBREIRO

Hoxe lembramos o Día de Rosalía.


Facemos lectura do poema Meniña Gaiteira e escoitámolo na voz de Marlene Rodríguez do grupo Xardín Desordenado


¡Que feira, rapaza, si cantas faremos...
Festiña por fora, festiña por dentro.
Canta, si queres, na lengua que eu falo;
daréiche un mantelo, daréiche un refaixo.

Así mo pediron na beira do río
que corre entre as herbas do campo frolido.
Tocaban as gaitas, ó son das pandeiras, 
bailaban os mozos cas mozas modestas.

Has de cantar, meniña gaiteira;
has de cantar, que me morro de pena.
Canta, meniña, na beira da fonte;
canta, daréiche boliños do pote.

Lugar máis fermoso non houbo na terra
que aquel que eu miraba, que aquel que me dera.
Lugar máis hermoso no mundo no hachara
que aquel de Galicia, Galicia encantada.

Mimosa, soave, sentida, queixosa, 
encanta si ríe, conmove si chora.
Cal ela, ninguna tan doce que cante
soidades amargas, sospiros amantes.




12/2/16

ENTENDENDO AS ONDAS GRAVITACIONAIS

Hoxe na prensa escrita, radio e televisión recibimos a información da captación por primeira vez de Ondas Gravitacionais. Tamén aparecen titulares que nos comentan que unha nova Astronomía acaba de nacer.
Ben, pois para que poidades aprender máis sobre o que son, como se producen e máis documentación que poda aclararvos sobre esta tema, deixamos aquí unha serie de enlaces e un vídeo que esperamos vos axuden. 



Cómo explicarle las ondas gravitacionales a tu abuela

¿De dónde ha salido esa onda gravitacional?

11/2/16

11 DE FEBREIRO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER NA CIENCIA

Foto tomada da web de Nacións Unidas
Hoxe celébrase o Día Internacional da Muller na Ciencia. Día promovido polas Nacións Unidas.
Este organismo pretende a igualdade entre os xéneros e o empoderamento das mulleres e as nenas que contribuirán decisivamente non só no desenvolvemento económico do mundo, e mesmo ao progreso respeito de tódolos obxectivos e metas da Axenda 2030 para o Desenvolvemento sostible. 

Os estereotipos seguen a ser un problema na consideración da muller científica e levan a que a poboación española considere, como amosa unha enquisa levada a cabo pola fundación L'Oreal, que  o 63% dos españois cren que as mulleres non serven para ser científicas de alto nivel.

Tamén entristécenos os datos seguintes:

- O 41% da poboación europea pensa nalgunha muller cando se fala de científicos.

- O 18 % dos galardóns científicos recaen en mulleres

- O 3% dos Premios Nobel de Ciencias foron concedidos a mulleres.

- Menos do 20% das posicións estratéxicas nos laboratorios, universidades e centros de investigación están ocupadas por mulleres. 

- Rectoras de Universidade hai media dúcia, fronte a 70 homes. 

- De 173 sociedades científicas en España no ámbito da saúde, só 41 teñen presidentas.

Para loitar contra esta situación, máis de 300 personalidades, como a premio Nobel de Menciña 2009 Elizabeth Blackburn apoiaron o manefesto Cambia as Cifras. Este manefesto foi impulsado polo programa "La mujer y la ciencia", de la Organización de Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e a Cultura (Unesco).
Aquí podedes ver o Manefesto



Pola visibilidade da Muller na Ciencia






14/1/16

2016 ANO INTERNACIONAL DOS LEGUMES

O Ano Internacional dos LEGUMES 2016 (AIL) ten como obxectivo aumentar a concienciación pública sobre os beneficios nutricionaIs dos legumes dentro dunha produción sostible de alimentos orientada cara á seguridade alimentaria e a nutrición. O AIP 2016 supón unha oportunidade única de crear lazos na cadea alimentaria para aproveitar mellor as proteínas dos legumes, incrementar a súa produción mundial, facer mellor uso da rotación de cultivos e abordar os desafíos no comercio de legumes.
Deixamos aquí un vídeo da FAO onde se fala da importancia dos legumes na seguridade alimentaria. 



QUE BEN SE PASA NA FIN DE SEMANA 5

Voltamos a darvos suxerencias sobre a actividade cultural na Comarca.

TEATRO 
Pazo da Cultura Narón.SÁBADO 16. 20.00 H 

"Los Esclavos de mis esclavos" Teatro Meridional 
Varios cooperantes secuestrados nunha cova, nas montañas de Afganistán, xunto cun dos seus captadores: son catro vítimas da situación xeopolítica e do seu propio desexo de acción. Que poden facer? Como sobreviven? 

MOSTRA COMIC: MUSEO DO HUMOR DE FENE


“Liberdade con humor, sempre!” é título da mostra que o Museo do Humor de Fene abrirá ao público nos vindeiros días nunha das salas da súa exposición permanente (2º andar da Casa da Cultura). A mostra  inclúe unha ducia de debuxos de humor de autores de distintos países, nos que se evocan os valores da liberdade de expresión e de prensa, en lembranza dos debuxantes mortos en París a comezos do pasado ano. Boa parte dos deseños proveñen de distintas edicións do prestixioso concurso PortoCartoon.
A campaña, impulsada polo Museo da Imprensa de O Porto, xorde como resposta ao atentado contra o semanario Charlie Hebdo do que se ven de conmemorar o primeiro aniversario...

Máis información no enlace: Museo do Humor 

MÚSICA

TEATRO JOFRE. VENRES 15. 20.00 H

FETÉN FETÉN E CUARTETO CARAMUXO

Cuarteto Caramuxo
Fetén Fetén propón melodías nun espectáculo con composicións orixinais atravesando distintos estilos musicais da música popular, tradicional ou tamén do cabaret.  Tamén interpretan Valses, fandangos, boleros, tarantelas, sonidos mediterráneos, ritmos do Este de Europa e influencias da música do centro de España.

CUARTETO CARAMUXO

Desarman desde un principio, pois son un cuarteto que suman seis instrumentistas: catro clarinetes, acordeón e percusión. Parten de pezas do canto galego de tradición oral para xogar con elas e crear uns instrumentais que presentan ao vivo con elegancia e certa teatralidade. 





PINTURA. ESCULTURA. GALERÍA SARGADELOS

Inauguración da exposición "Oceanario" de Xaime Fuentes

Exposición do creador ourensano Xaime Fuentes. A súa obra reflexa a forza e a luz do oceano Atlántico a través de esculturas, pinturas e collage.



10/1/16

NOVELA E MÚSICA E TAMÉN UN POUCO DE ARTE: “EL BAR DE LAS GRANDES ESPERANZAS” J.R. Moehringer.

Iniciamos hoxe unha nova sección onde queremos relacionar as novelas coa música.
Empezamos coa Novela de J.R. Moehringer "El bar de las grandes esperanzas" publicada en castelán pola Editorial Duomo. 

É unha obra autobiográfica pero novelada na que narra parte da vida do autor. 
A vida dun mozo con moitas gañas de vivir a súa propia vida. 
A personaxe sofre unha ausencia de pai e cumpre cun amor de mai. Unha mai que ten que traballar duro para soster a casa.  Ao pai, soamente o escoita na radio,  xa que é locutor, pero fáltalle a súa presenza. 
Frank Sinatra
A falta de pai a suple nun bar da súa barriada, en Manhasset, preto de Nova York. Este bar dálle a oportunidade de coñecer a moitas persoas que lle darán unha bagaxe que complementará a súa formación posterior. 
Nos 46 capítulos vivimos as diferentes anécdotas e a intensidade dos distintos personaxes deste delicioso libro.

Podemos atopar ao longo da súa lectura gran cantidade de alusións ao mundo musical, tanto de cancións como de grandes figuras da canción. Así destacan: Frank Sinatra, Van Morrison, The Beatles, Ella Fitzgerald, Steve Wonder, Nat King Cole e Burt Bacharach entre outros. Frank Sinatra aparece moitas veces nesta novela. 
Tamén aparecen grandes temas como por exemplo:

 “Working my way back to you” do grupo Four Seasons
                             “ I got you Babe” de Sonny & Cher

“Side by side” de Tin Pan Alley
“Summer Wind” , “What kind of fool I am?”, “My way” e “All or nothing at all” de Frank Sinatra

                                   “Blue Velvet” de Bobby Vinton 

“I want to hold your hand” The Beatles.

Tamén faise unha pequena escolla de temas de música clásica entre os que destacan :
“Sonata en Do maior” e o  “Quinteto para piano e vento en Mi bemol mayor” de Mozart
“Suite dos planetas” de Gustav Holst

                                “Claro de luna” de Debussy

O protagonista fai tamén un pequeño paseo por obras de pintura como son:
A Creación de Adán (Capilla Sixtina). "Miguel Ángel"

A creación de Adán de Miguel Ángel
Moderna conversación a medianoche de William Hogarth
Retratos de John Singleton Copley
Obras de Kandinsky e Edward Hopper

Noutro momento voltarei a falar desta Novela a propósito de todas as citas e comentarios literarios que aparecen sobre grandes obras da literatura así como do pensamento.
Unha obra que recomendamos ler. 

7/1/16

PRIMEIRO CONCURSO PORTAS NO NADAL. RUBRICA E TODO.

Iniciamos o ano 2016 e queremos agradecer a todo o alumnado, o marabilloso día que vivimos no último día de clase do 2015. 
Celebramos o 1º CONCURSO PORTAS NO NADAL

TEMOS QUE AGRADECERVOS O VOSO INTERESE xa que participaron todos os cursos adornando as respectivas portas de aula. Tamén poidemos disfrutar dos adornos feitos nos departamentos. Aquí si que houbo algún departamento que non participou. Xa o farán no vindeiro curso.

En xeral podemos dicir que todas tiveron moi bo aspecto. Para que o xurado poidera levar unha valoración o máis axeitada posible deseñamos desde a Biblioteca a seguinte rúbrica.
Os diseños foron moi divertidos e houbo moito enxeño.



Os cursos gañadores foron:
3ºESO A, 2ºESO B e 2ºESO A.
Houbo un accésit para  4º ESO D.