![]() |
Foto tomada da web de Nacións Unidas |
Este organismo pretende a igualdade entre os xéneros e o empoderamento das mulleres e as nenas que contribuirán decisivamente non só no desenvolvemento económico do mundo, e mesmo ao progreso respeito de tódolos obxectivos e metas da Axenda 2030 para o Desenvolvemento sostible.
Os estereotipos seguen a ser un problema na consideración da muller científica e levan a que a poboación española considere, como amosa unha enquisa levada a cabo pola fundación L'Oreal, que o 63% dos españois cren que as mulleres non serven para ser científicas de alto nivel.
Tamén entristécenos os datos seguintes:
- O 41% da poboación europea pensa nalgunha muller cando se fala de científicos.
- O 18 % dos galardóns científicos recaen en mulleres
- O 3% dos Premios Nobel de Ciencias foron concedidos a mulleres.
- Menos do 20% das posicións estratéxicas nos laboratorios, universidades e centros de investigación están ocupadas por mulleres.
- Rectoras de Universidade hai media dúcia, fronte a 70 homes.
- De 173 sociedades científicas en España no ámbito da saúde, só 41 teñen presidentas.
Para loitar contra esta situación, máis de 300 personalidades, como a premio Nobel de Menciña 2009 Elizabeth Blackburn apoiaron o manefesto Cambia as Cifras. Este manefesto foi impulsado polo programa "La mujer y la ciencia", de la Organización de Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e a Cultura (Unesco).
Aquí podedes ver o Manefesto
Pola visibilidade da Muller na Ciencia
No hay comentarios:
Publicar un comentario