30/11/15

1 DE DECEMBRO DÍA MUNDIAL DA SIDA

Hoxe celébrase o día mundial da SIDA. Temos que tomar conciencia e non baixar a garda contra o VIH.
Deixamos aquí unha serie de documentos que vos poden axudar


Mensaxe de Michel Sidibé Director Executivo de ONU SIDA, Secretario Xeral Adxunto das Nacións Unidas


A RESPOSTA RÁPIDA PARA ACABAR CO SIDA
Segundo a ONU, na actualidade 15 millóns de persoas teñen acceso ao tratamento contra o VIH. As novas infeccións reducironse un 35 % desde o ano 2000 e as mortes por causas relacionadas coa SIDA baixaron un 42 % desde o 2004.
O mundo está adoptando a estratexia da Resposta Rápida para poñer fina á SIDA. Para erradicar esta epidemia cara o 2030 no marco dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible precisaráse acelerar a inversión, o compromiso e a innovación.
Para  non esquecer como podemos evitar o contaxio do VIH, tedes aquí unha información en formato imaxe: Decálogo da Cruz Vermella

CINE E SIDA. TRES EXEMPLOS 

PHILADELPHIA  1993


A actuación de Tom Hanks é impresionante e a historia refrexa o que foi para os homosexuais unha época oscura e difícil cando empezou a darse a coñecer a enfermidade. 

AS HORAS 2002
Película de grande protagonismo feminino. Tres historias de distintas mulleres que tratan de atoparlle sentido á vida. Na última historia a protagonista está profundamente enamorada do seu amigo que está enfermo de SIDA.



LA NIÑA DE TUS SUEÑOS  1995
Película española. Onde trátase o caso dunha nena seropositiva. Na trama ponse de manifesto que non toda a xente está disposta a entender e achegarse aos enfermos con SIDA.


DOCUMENTAIS
CRÓNICAS HUELLAS DEL SIDA
No ano 2011 cumpríronse 30 anos dos primeiros casos de SIDA.  A RTVE emitiu un documental que pode serviros para entender ben a enfermidade a nivel social. 


NOVELAS E SIDA
Deixamos aquí unha pequena selección de libros de literatura xuvenil que se adentran no mundo da enfermidade da SIDA


29/11/15

CONCURSO DE RELATOS CURTOS CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

Aproveitamos o inicio da XXI Conferencia sobre o Cambio Climático ou tamén chamada a Cumbre do Clima para loitar contra o Cambio climático desde a nosa Biblioteca sendo activistas.

Hai un millón de cousas que podemos facer para loitar contra o cambio climático. Que tal si presentas un breve relato de ficción que sirva para tomar conciencia do problema.
Podes  tocar temas como: o uso responsable da auga, o uso do transporte público, máis bici e menos coche, menos consumo, uso das enerxías renovables, consumir produtos cercanos a nós, reciclar, reutilizar…

Podes inventar situacións e personaxes. Tamén o podes ilustrar. 
O prazo iniciáse o 1 de decembro e rematará o vindeiro 15 de xaneiro.


Os relatos se presentarán escritos en ordenador, en formato DinA4, con tipografía Times New Roman, tamaño de letra 12 puntos e interlineado sinxelo, márxes mínimos de 2,5 cms.
 
A extensión máxima dos  relatos será de tres páxinas e cada autor/a poderá presentar un único relato.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR

28/11/15

PASAMENTO DE DON XOSÉ NEIRA VILAS.

Deixar desde este recuncho  a nosa homenaxe a 
D. Xosé Neira Vilas. 
Balbino sentiráse triste nos andeis das nosas Bibliotecas.
Como dicía D. Xosé "eu son xornaleiro das palabras". E constriui ao noso Balbino.
E Balbino contesta "Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Como quen din, un ninguén. E ademáis, pobre".
O grande autor morreu na súa aldea o pasado 27 de novembro , alá en Gres (Vila de Cruces), onde lle gustaba bailar coa súa muller Anisia. 
Un agradecemento aos dous por dar tanto á Cultura de Galicia.

Vai por DON XOSÉ E POR DOÑA ANISIA







26/11/15

QUE BEN SE PASA NA FIN DE SEMANA 3

"La Mirada del Otro" no Jofre
Ben, xa está aquí outra fin de semana cunha grande cantidade de manifestacións culturais que presentamos para que logo non digades que non o sabíades.

TEATRO
LA MIRADA DEL OTRO. TEATRO JOFRE. SÁBADO 28. 20.30 
Unha intensa peza que leva a escena o encontro entre un membro de ETA e unha vítima do terrorismo.
Non pretende ser unha obra documental nin política. Na preparación do encontro e o encontro pretender tratar a íntima loita do individuo para superar o insuperable. A compañía 43-2 ofrece unha comprometida mirada sobre o conflito vasco. 

EL HIJO DE LA NOVIA. PADROADO DA CULTURA DE NARÓN. SÁBADO 28. 20.00

Melodrama familiar donde o cariño, o amor e a dor van da man a través dunha historia, con persoaxes cotiás, que trata de temas normais do día a día. Seguramente recorden a película arxentina dirixida por Juan José Campanella,  co mesmo nome que foi nominada ao Óscar no ano 2001. A interpretaban Héctor Alterio, Ricardo Darín e  Norma Aleandro. Ciertamente unha película conmovedora. 

O reparto desta obra teatral é de luxo con Juanjo Artero, Álvaro de Luna, Tina Sainz, Sara Cozar e Mikel Laskurain. Destaca o traballo de Juanjo Artero e as escenas cheas de emotividade e sentimento con Tina Sainz. Tamén destacar a aparición de Álvaro de Luna.

COMEDY ZOO. MONÓLOGOS TEATRO JOFRE. DOMINGO 29. 20.00 

Xuntos por primeira vez no escenario, Santi Millán, José Corbacho e Javi Sancho. Espectáculo único, interactivo e que che sacará unhas boas gargalladas. Sempre lles gusta conectar coa xente, e por iso informánse de aspectos locais, das súas costumes, do que pasa... 
O malo é o prezo. 

PINTURA, DEBUXO E GRAFISMO

BEATRIZ SEIJO EN SARGADELOS. VENRES E SÁBADO DE 10 A 13.30 E DE 17 A 21. Pintora de Fene que vos sorprenderá.

A PROPÓSITO DO DEBUXO. NO CENTRO CULTURAL TORRENTE BALLESTER. (ATA O 6 DE DECEMBRO)

É Unha mostra de debuxo contemporáneo a través da ollada interxeneracional de seis artistas galegos. Susana Bermejo, Marta Bran, Bosco Caride, Héctor Francesch, Tamara Feijoo e Elena Fernández Prada. 
Medio cento de pezas dos artistas galegos máis interesantes das últimas xeracións. 

IBÁÑEZ: O MAGO DO HUMOR. NO MUSEO DO HUMOR (FENE). Luns a Venres
(10-13 horas- 16-20.50 horas)
Sábado de 10 a 12 

Francisco Ibáñez é o creador, debuxante e guionista dos persoaxes do Mortadelo e Filemón, o Botones Sacarino ou Pepe Gotera e Otilio. 
A mostra reúne máis de cen revistas publicadas desde os anos cincuenta ata a actualidade, unha ampla recopilación de artigos de mechandising e unha serie de debuxos orixinais, que conforman o núcleo desta exposición, unha alfaia no panorama do cómic español. 


MÚSICA
SÉS NA PRAZA DE ESPAÑA DE FERROL. SÁBADO 28. 21.30 horas

A cantante Sés, María Xosé Silvar

Actuación de Sés
A actuación será de balde, na praza de España. Haberá unha carpa por se chove. A actuación se enmarca no programa de actividades organizadas con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia contra as mulleres.

Sés está a presentar o seu terceiro disco, “Tronzar os valos”, no que suma as enerxías do rock e da canción de autor de América Latina en doce temas de beleza e combate, nos que se sinte a potencia do rock e a súa intensa condición de cantora. María Xosé Silvar é rockeira e cantareira, comprometida e libre, sentimental e enérxica, segundo ela mesma se define, nun tempo de “Tronzar os valos”, de “responder con música e ideas, con ilusión contra o abatemento”.


25/11/15

CONTRA O MALTRATO ÁS MULLERES

Hoxe foi un día que adicamos a loitar contra a Violencia que se exerce ás mulleres.

Xa comentamos a lectura do comunicado que se leu por parte de alumnas nas distintas aulas.
Tamén na Biblioteca fíxose unha actividade de concienciación. PALABRAS CONTRA O MALTRATO E 
FRASES CONTRA O MALTRATO. 
Repartimos pegatas e lazos violetas. 

No vestíbulo poidemos ollar unha serie de paneis feitos desde Orientación. GRAZAS AO TRABALLO DE CHUS BARREIRO. 

Deixamos aquí unha mostra do Vestíbulo do Instituto. 






E tamén poidemos disfrutar dun documental feito polos alumnos de Tecnoloxía informático sobre a Violencia de Xénero. Grazas tamén á nosa compañeira  Irene Mira e aos seus alumnos de TIC. 

Deixamos ademáis unha suxerencia audiovisual.



QUE SABEMOS DE ALBERT EINSTEIN

Hai xa cen anos que Albert Einstein presentou ó mundo a súa teoría xeral da relatividade, unha extensión da súa famosa teoría especial da relatividade. Pasou a ser considerado un dos grandes científicos do mundo. 
V Conferencia Solvey 1927

Seguramente sexa un dos científicos máis recoñecibles cando presentamos unha fotografía del entre moitos compañeiros. Vai unha proba. Seguro que recoñeces a Albert, pero a poucos dos seus colegas. 
Aproveitando tamén o día no que estamos podemos ver esa discriminación que sofrían e sofren as mulleres científicas.
Na fotografía hai unha muller. A localizas? Saberías decir quen era? 

A Einstein o atopas en moitos lugares (camisetas, carteis, arte...). Era unha estrela e o segue a ser.
Seguro que non sabes moitas cousas del. Pois vos deixo aquí un vídeo de Javier Santaolalla, físico no CERN e membro do grupo The Big Van Theory


Tamén tedes que saber que Einstein sempre defendeu o feito de que as súas teorías se fundamentaban noutros traballos de científicos anteriores, como Gauss e Riemann. É dicir, que Einstein estaba sustentado sobre os ombros de moitos científicos

Ilustración de Laurent Taudin en estilo de Albert Uderzo



24/11/15

COMUNICADO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Mañá é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.


Na quinta hora, en cada aula, vaise ler un comunicado elaborado por dúas alumnas de 2º de Bacharelato.  

"Hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, data que ten un importante fin: chamar a atención sobre a situación de miles de mulleres e nenas que están a sufrir todo tipo de maltrato e humillacións a diario pola simple razón de "ser mulleres". Nos medios de comunicación falarase durante todo o día deste tema, farán balance sobre os últimos casos deste tipo de violencia e entrevistarán a mulleres que teñen conseguido saír do escuro pozo que é o maltrato.

Todos e todas solidarizarémonos coas vítimas e os políticos prometerán tomar medidas para solucionar o problema, pero o máis probable é que mañá moitos xa o terán esquecido e seguirán co seu día a día, sen maior preocupación.

Realmente conseguimos melllorar a situación da muller nestes últimos anos? A verdade é que non, incluso empeorou. O número de mulleres maltratadas non diminúe e cada vez as vítimas son máis xoves, mozas da nosa idade que sofren todo tipo de abusos físicos, psíquicos e sexuais.

É importante entender que o maltrato non é soamente o feito de que a túa parella che levante a man, senón tamén que controle que roupa te pos, con quen e a onde saes, recibir insultos e burlas, crerse mellor ca ti, humillarte...  Esta é quizais a forma máis grave de abuso e a que máis dano fai, provoca na persoa que a sofre unha baixa autoestima e unha falta de autorealización. El sempre tratará de disculparse e dirá que te quere, pero o amor non ten nada que ver con iso. Querer a alguén é respectalo, non coartar a súa liberdade nin desprecialo.

Este é un problema da sociedade que non se solucionará ata que cambiemos o modelo educativo, olvidemonos de roles e tópicos, como que as nenas só poden xogar con bonecas e vestir de rosa e os nenos teñen que xogar con coches e vestir de azul; e comecemos seriamente a educar en igualdade, tanto na casa como na escola-instituto, tratando estes temas sen trampas.

Para acabar co machismo e a violencia contra as mulleres debemos traballar todos xuntos, homes e mulleres, non quedar calados ante estas inxustizas, cambiando a nosa actitude e esixindo medidas eficaces aos nosos gobernantes.

¡ NON SEXAS DESES QUE AO DÍA SEGUINTE XA SE TEN OLVIDADO DO TEMA!

¡ NON Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES! DENUNCIA, REXEITA A VIOLENCIA, NON CALES."

Comunicado das alumnas de 2º de Bacharelato do IES As Telleiras.