25/11/15

QUE SABEMOS DE ALBERT EINSTEIN

Hai xa cen anos que Albert Einstein presentou ó mundo a súa teoría xeral da relatividade, unha extensión da súa famosa teoría especial da relatividade. Pasou a ser considerado un dos grandes científicos do mundo. 
V Conferencia Solvey 1927

Seguramente sexa un dos científicos máis recoñecibles cando presentamos unha fotografía del entre moitos compañeiros. Vai unha proba. Seguro que recoñeces a Albert, pero a poucos dos seus colegas. 
Aproveitando tamén o día no que estamos podemos ver esa discriminación que sofrían e sofren as mulleres científicas.
Na fotografía hai unha muller. A localizas? Saberías decir quen era? 

A Einstein o atopas en moitos lugares (camisetas, carteis, arte...). Era unha estrela e o segue a ser.
Seguro que non sabes moitas cousas del. Pois vos deixo aquí un vídeo de Javier Santaolalla, físico no CERN e membro do grupo The Big Van Theory


Tamén tedes que saber que Einstein sempre defendeu o feito de que as súas teorías se fundamentaban noutros traballos de científicos anteriores, como Gauss e Riemann. É dicir, que Einstein estaba sustentado sobre os ombros de moitos científicos

Ilustración de Laurent Taudin en estilo de Albert Uderzo



24/11/15

COMUNICADO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Mañá é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.


Na quinta hora, en cada aula, vaise ler un comunicado elaborado por dúas alumnas de 2º de Bacharelato.  

"Hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, data que ten un importante fin: chamar a atención sobre a situación de miles de mulleres e nenas que están a sufrir todo tipo de maltrato e humillacións a diario pola simple razón de "ser mulleres". Nos medios de comunicación falarase durante todo o día deste tema, farán balance sobre os últimos casos deste tipo de violencia e entrevistarán a mulleres que teñen conseguido saír do escuro pozo que é o maltrato.

Todos e todas solidarizarémonos coas vítimas e os políticos prometerán tomar medidas para solucionar o problema, pero o máis probable é que mañá moitos xa o terán esquecido e seguirán co seu día a día, sen maior preocupación.

Realmente conseguimos melllorar a situación da muller nestes últimos anos? A verdade é que non, incluso empeorou. O número de mulleres maltratadas non diminúe e cada vez as vítimas son máis xoves, mozas da nosa idade que sofren todo tipo de abusos físicos, psíquicos e sexuais.

É importante entender que o maltrato non é soamente o feito de que a túa parella che levante a man, senón tamén que controle que roupa te pos, con quen e a onde saes, recibir insultos e burlas, crerse mellor ca ti, humillarte...  Esta é quizais a forma máis grave de abuso e a que máis dano fai, provoca na persoa que a sofre unha baixa autoestima e unha falta de autorealización. El sempre tratará de disculparse e dirá que te quere, pero o amor non ten nada que ver con iso. Querer a alguén é respectalo, non coartar a súa liberdade nin desprecialo.

Este é un problema da sociedade que non se solucionará ata que cambiemos o modelo educativo, olvidemonos de roles e tópicos, como que as nenas só poden xogar con bonecas e vestir de rosa e os nenos teñen que xogar con coches e vestir de azul; e comecemos seriamente a educar en igualdade, tanto na casa como na escola-instituto, tratando estes temas sen trampas.

Para acabar co machismo e a violencia contra as mulleres debemos traballar todos xuntos, homes e mulleres, non quedar calados ante estas inxustizas, cambiando a nosa actitude e esixindo medidas eficaces aos nosos gobernantes.

¡ NON SEXAS DESES QUE AO DÍA SEGUINTE XA SE TEN OLVIDADO DO TEMA!

¡ NON Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES! DENUNCIA, REXEITA A VIOLENCIA, NON CALES."

Comunicado das alumnas de 2º de Bacharelato do IES As Telleiras.  

GABRIEL TIZÓN. MARTES FOTOGRÁFICO 2

Gabriel Tizón. Fotografía: Iris Cabezas
Hoxe presentamos ao fotoperiodista ferrolano  Gabriel Tizón. 

Na súa páxina web preséntase deste xeito:  “A miña vida estaba totalmente desorientada e apuntaba mal. Ninguén, incluída a miña familia, confiaba en min. A fotografía aparece na miña vida aos 16 anos, cando un amigo ensíname a revelar. Pareceume maxia e, desde entón, situoume nesta sociedade, ofreceume a posibilidade de sentirme protagonista mentres observo e escoito aos demais.”

A fotografía para Gabriel Tizón  é sinónimo de supervivencia, a palabra do intuitivo, a voz das súas dúbidas. Conta que mentres fai fotografías encontro un refuxio de soidade e, á vez, aprendo a comunicarme cos demais, a sentir empatía polo humano, a ser veciño na distancia.


En definitiva, á fotografía débolle unha gran parte de min. A outra lla debo ao mar.

Podemos contemplar o seu traballo xa que temos unha exposición temporal  (PROXECTO MUROS) no Centro Torrente Ballester de Ferrol.
Exposición Proxecto Muros
Na exposición preséntanse 62 imaxes de rostros e momentos que nos dan unha idea da vida dos refuxiados na Illa de Lesbos en Grecia fuxindo da guerra na procura do camiño da oportunidade.  

A exposición tamén inclúe o audiovisual  "Lesbos, a illa que non flota", asinada por el e por Rocío Botana. 





20/11/15

VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe e mañá estaremos presentes nas VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia.
É unha actividade organizada pola Consellería de Educación (Asesoría de Bibliotecas Escolares)
Estaremos dous días de xuntanza onde compartiremos as experiencias entre os bibliotecarios/as dos centros educativos. Falaremos dos proxectos que se están a facer e tamén asistiremos a conferencias onde expertos de distintos ámbitos axudaránnos a reflexionar sobre os novos retos que teremos que afrontar.
Tedes aquí o programa para que poidedes curiosear sobre o que faremos alá.

Á volta falaremos do que aprendimos. 


O VENRES HAI MOITO ARTE 2

Temos hoxe unha visión da muller na Historia da Arte. 
No vestíbulo podemos disfrutar dun visionado da Exposición Dixital.





Podemos ver a muller na Arte desde o Paleolítico, Mesolítico, Neolítico, e pasaremos tamén polo mundo Griego, Romano, o Renacemento ata chegar ao século XX.








18/11/15

QUE BEN SE PASA NA FIN DE SEMANA 2

Fotografía de Gabriel Tizón
Van aquí as recomendacións para esta fin de semana longa que temos.

FOTOGRAFÍA
Exposición fotográfica do ferrolano Gabriel Tizón no centro Torrente Ballester. Especializado en retratar coa cámara, o humano que nin a miseria pode agochar. Exposición do Proxecto Muro, visión persoal e profesional dos novos refuxiados en Europa. 

                                        DÍA DE NARÓN
Durante toda a fin de semana haberá actividades na praza de Galicia. Instalouse unha carpa na que se poderá seguir todo un plan de actividades. O Domingo está programada unha marcha sendeirista e o Luns haberá na praza de Galicia un magosto.

TEATRO (Venres 20)
Camila Bossa e Iolanda Muiños protagonizan a obra teatral repleta de humor "Malos Hábitos", na que celebrarán o que elas chaman unha "micromisa". No museo do Humor de Fene ás 20 horas do venres 

MÚSICA 

Susana Seivane na Sala Super 8 o sábado 21 ás 22.30. 
Seivane está a punto de sacar un novo disco. 

No Jofre iniciase o sábado 21 ás 20.30 o Concerto inaugural "Premio Internacional de Piano"


Edición do 2014

PROMÉTOCHO

O Movemento "Te lo prometo org" está a facer unha mobilización ven bonita.
Propón á xente facer promesas a outras persoas como son, fillos, fillas, netos, sobriños e máis, para cumplir pequenas accións de loita contra o Cambio Climático. Daráse dese xeito voz ó sentir cidadán. 
Ese pulo o teñen que sentir os participantes na Conferencia sobre o Cambio Climático que vai ter lugar en París do 30 de novembro ata o 11 de decembro.
Podemos polo tanto participar e facernos oir.  
Na Biblioteca imos impulsar unha actividade similar, de tal xeito que faremos un panel onde ti poidas propoñer unha idea ou un xesto para actuar contra o Cambio Climático.

Propostas da páxina web TELOPROMETO ORG