Hoxe, día da Muller
traemos unha obra chegada aos nosos andeis.
É unha obra que ten un
punto reivindicativo e rebelde onde, dun xeito autobiográfico, pretende
denunciar esa etapa da escola represiva. Unha escola que amputaba os desexos.
Tamén fai un percorrido
pola etapa da adolescencia, onde queda recollido nunha serie de poemas que
amosan a supresión do corpo, e mesmo a non mesturarse cos “rapaces”.
…” No me dejaban jugar con los chicosAsí que nunca supe
Cómo relacionarme
con los hombres…”
A obsesión polos pecados e a prohibición do pracer están moi presentes no poemario.
Por último entra no seu
embarazo e a súa maternidade.
A autora sentiu a necesidade de facer unha
revisión de todo e ver cando chegou a rendirse e coller outros camiños. ..
…"Todo esto eran
cosas de las que sentía que tenía que escribir, aunque no he sido consciente de
ello hasta hace poco"…
O poemario está ilustrado pola artista “Loreto Rodera”.
Ademáis o título fai
referencia á “Divina Comedia”. Inclúe varias citas que acompañan o percorrido
polas idades nun símil polos infernos, o purgatorio e os ceos de Dante.
A mín encantame
Privada
Privadas del aire puro
abríamos los libros
por la página equis.
Todo lo interesante
ocurría en otro lado,
por eso nos prohibieron
mirar por las ventanas...
Se queredes saber como sigue o podes pedir na Biblio
Durante os días 3, 4 e 5 de Marzo teremos no noso Concello a catro narradores orais, tamén chamados "Contadores de Contos" ou Narradores. Poderemos polo tanto disfrutar deles. O Xoves 3 de Marzo (20.30h), Nelson Calderón actuará no Café Teatro do Pazo da Cultura. A entrada é gratuita.
Nelson Calderón
Nelson Calderón é Colombiano, narrador de historias, escritor e arquitecto que ten percorrido e actuado en teatros, colexios, institutos, cafés, bares, librerías, centros culturais, festivais de narración, centros de maiores, hospitais, cárceres, mercados de España, Chile, Suiza, Grecia, Perú, México e Paraguay, ademáis de traballar en España cons institucións como o Ministerio de Cultura, Instituto Cervantes, Casa de América e o Concello de Madrid entre outros. Nelson Calderón, cuentero a tempo compreto, viaxa contando as súas historias cheas de mitos, lendas, amores posibles e imposibles, humor, contos de colleita propia cheos de realidade e fantasía, para nenos, adultos e todo aquel que se quera aventurar a soñar. Para ver o seu traballo tedes aquí algúns enlaces Cuentacuentos 'Los cuentos del Mar del Sur'.
ULRICA. Único cuento de amor publicado por BORGES.
O VENRES 4 DE MARZO( 20:30 h.): CONTADA COLECTIVA ( Paula Carballeira, Quico Cadaval, Boniface Ofogo e Nelson Calderón). Auditorio Municipal Narón.
Unha contada colectiva onde cada narrador mostrará a súa historia, o seu conto, o seu relato...UN VERDADEIRO FESTIVAL DA PALABRA.
Paula Carballeira
Seguro que coñecedes a Paula Carballeira. Saber que naceu en Fene, aínda que vive en Santiago. É escritora, contacontos e actriz. Tedes aquí unhas pequenas historias contadas por ela. Tamén poderemos disfrutar do "GRANDE" Quico Cadaval. Figura importante do teatro galego. Gran narrador de historias e tamén de Monólogos. Un das súas últimas produccións foi a de recuperar "Os Contos de Joselín". Joselín foi como un xograr do século pasado (anos 30) que soubo enraizar os seus contos na antiga tradición do escarnio popular de mariñeiros e labregos.
A súa presentación do Camerunés a podedes ver na súa páxina web. Decir que naceu en Camerún pero leva moito tempo vivindo en España. Unha marabilla as súas historias
SÁBADO 5 DE MARZO (12:00 h.): BONIFACE OFOGO (CAMERÚN) ( Contada Infantil). Centro Cívico Social de Xuvia.
O ELEFANTE QUE PERDEU O SEU OLLO: ESPECTÁCULO DE CONTOS AFRICANOS PARA PÚBLICO XERAL:
Un elefante se afai a quitarse o seu ollo para xogar ao pingpong, ata que un día, pérdeo nas augas dun río. Deste incidente aprenderá leccións importantes para a vida. O espectáculo é unha viaxe iniciática ao corazón África; a través das súas lendas e mitos ancestrais imos descubrir o seu espírito cheo de sabedoría e profundo humanismo.
SÁBADO 5 DE MARZO ( 12:00 h.): PAULA CARBALLEIRA (GALICIA) ( Contada Infantil).Biblioteca Municipal de Narón.
OS CONTOS QUE NON ME CONTARON
Adícome a contar historias. Busco historias nas persoas que coñezo e nas que non coñezo, nas paisaxes que vexo e nas que imaxino. Teño una sede insaciable de palabras. E todo porque de pequena non me contaron contos. Non había tempo para iso. A miña familia xa non lembraba as noites de inverno sen luz eléctrica nin aprender a camiñar co que che contaban. Ata que a miña nai me escoitou, non hai moito, e me dixo: “esa historia que contaches, contouma a min túa avoa”. Daquela souben cal era o meu papel, o da memoria.
Hoxe na prensa escrita, radio e televisión recibimos a información da captación por primeira vez de Ondas Gravitacionais. Tamén aparecen titulares que nos comentan que unha nova Astronomía acaba de nacer. Ben, pois para que poidades aprender máis sobre o que son, como se producen e máis documentación que poda aclararvos sobre esta tema, deixamos aquí unha serie de enlaces e un vídeo que esperamos vos axuden.
Hoxe celébrase o Día Internacional da Muller na Ciencia. Día promovido polas Nacións Unidas. Este organismo pretende a igualdade entre os xéneros e o empoderamento das mulleres e as nenas que contribuirán decisivamente non só no desenvolvemento económico do mundo, e mesmo ao progreso respeito de tódolos obxectivos e metas da Axenda 2030 para o Desenvolvemento sostible. Os estereotipos seguen a ser un problema na consideración da muller científica e levan a que a poboación española considere, como amosa unha enquisa levada a cabo pola fundación L'Oreal, que o 63% dos españois cren que as mulleres non serven para ser científicas de alto nivel. Tamén entristécenos os datos seguintes: - O 41% da poboación europea pensa nalgunha muller cando se fala de científicos. - O 18 % dos galardóns científicos recaen en mulleres - O 3% dos Premios Nobel de Ciencias foron concedidos a mulleres. - Menos do 20% das posicións estratéxicas nos laboratorios, universidades e centros de investigación están ocupadas por mulleres. - Rectoras de Universidade hai media dúcia, fronte a 70 homes. - De 173 sociedades científicas en España no ámbito da saúde, só 41 teñen presidentas.
Para loitar contra esta situación, máis de 300 personalidades, como a premio Nobel de Menciña 2009 Elizabeth Blackburn apoiaron o manefesto Cambia as Cifras. Este manefesto foi impulsado polo programa "La mujer y la ciencia", de la Organización de Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e a Cultura (Unesco). Aquí podedes ver o Manefesto
O Ano Internacional dos LEGUMES 2016 (AIL) ten como obxectivo aumentar a concienciación pública sobre os beneficios nutricionaIs dos legumes dentro dunha produción sostible de alimentos orientada cara á seguridade alimentaria e a nutrición. O AIP 2016 supón unha oportunidade única de crear lazos na cadea alimentaria para aproveitar mellor as proteínas dos legumes, incrementar a súa produción mundial, facer mellor uso da rotación de cultivos e abordar os desafíos no comercio de legumes. Deixamos aquí un vídeo da FAO onde se fala da importancia dos legumes na seguridade alimentaria.
Voltamos a darvos suxerencias sobre a actividade cultural na Comarca. TEATRO Pazo da Cultura Narón.SÁBADO 16. 20.00 H "Los Esclavos de mis esclavos" Teatro Meridional Varios cooperantes secuestrados nunha cova, nas montañas de Afganistán, xunto cun dos seus captadores: son catro vítimas da situación xeopolítica e do seu propio desexo de acción. Que poden facer? Como sobreviven? MOSTRA COMIC: MUSEO DO HUMOR DE FENE
“Liberdade con humor, sempre!” é título da mostra que o Museo do Humor de Fene abrirá ao público nos vindeiros días nunha das salas da súa exposición permanente (2º andar da Casa da Cultura). A mostra inclúe unha ducia de debuxos de humor de autores de distintos países, nos que se evocan os valores da liberdade de expresión e de prensa, en lembranza dos debuxantes mortos en París a comezos do pasado ano. Boa parte dos deseños proveñen de distintas edicións do prestixioso concurso PortoCartoon.
A campaña, impulsada polo Museo da Imprensa de O Porto, xorde como resposta ao atentado contra o semanario Charlie Hebdo do que se ven de conmemorar o primeiro aniversario...
Fetén Fetén propón melodías nun espectáculo con composicións orixinais atravesando distintos estilos musicais da música popular, tradicional ou tamén do cabaret. Tamén interpretan Valses, fandangos, boleros, tarantelas, sonidos mediterráneos, ritmos do Este de Europa e influencias da música do centro de España.
CUARTETO CARAMUXO
Desarman desde un principio, pois son un cuarteto que suman seis instrumentistas: catro clarinetes, acordeón e percusión. Parten de pezas do canto galego de tradición oral para xogar con elas e crear uns instrumentais que presentan ao vivo con elegancia e certa teatralidade.
PINTURA. ESCULTURA. GALERÍA SARGADELOS
Inauguración da exposición "Oceanario" de Xaime Fuentes
Exposición do creador ourensano Xaime Fuentes. A súa obra reflexa a forza e a luz do oceano Atlántico a través de esculturas, pinturas e collage.
Iniciamos hoxe unha nova sección onde queremos relacionar as novelas coa música.
Empezamos coa Novela de
J.R. Moehringer "El bar de las grandes esperanzas" publicada en castelán pola Editorial
Duomo.
É unha obra
autobiográfica pero novelada na que narra parte da vida do autor.
A vida dun mozo
con moitas gañas de vivir a súa propia vida.
A personaxe sofre unha ausencia de pai e
cumpre cun amor de mai. Unha mai que ten que traballar duro para soster a casa. Ao pai, soamente o escoita na radio, xa que é locutor, pero fáltalle a súa
presenza.
Frank Sinatra
A falta de pai a suple nun bar da súa barriada, en Manhasset, preto
de Nova York. Este bar dálle a oportunidade de coñecer a moitas persoas que lle
darán unha bagaxe que complementará a súa formación posterior.
Nos 46 capítulos
vivimos as diferentes anécdotas e a intensidade dos distintos personaxes deste
delicioso libro.
Podemos atopar ao longo
da súa lectura gran cantidade de alusións ao mundo musical, tanto de cancións
como de grandes figuras da canción. Así destacan: Frank
Sinatra, Van Morrison, The Beatles, Ella Fitzgerald, Steve Wonder, Nat King
Cole e Burt Bacharach entre outros. Frank Sinatra aparece moitas veces nesta novela.
Tamén aparecen grandes temas
como por exemplo:
“Working my way back
to you” do grupo Four Seasons
“ I got you Babe” de Sonny & Cher
“Side by side” de Tin Pan Alley
“Summer Wind” , “What kind of fool I am?”,
“My way” e “All or nothing at all” de Frank Sinatra
“Blue Velvet” de Bobby Vinton
“I want to hold your hand” The Beatles.
Tamén faise unha pequena
escolla de temas de música clásica entre os que destacan :
“Sonata en Do maior” e o “Quinteto para piano e vento en Mi bemol mayor” de Mozart
“Suite dos planetas” de
Gustav Holst
“Claro de luna” de
Debussy
O protagonista fai tamén
un pequeño paseo por obras de pintura como son:
A Creación de Adán (Capilla Sixtina). "Miguel Ángel"
A creación de Adán de
Miguel Ángel
Moderna conversación a
medianoche de William Hogarth
Retratos de John
Singleton Copley
Obras de Kandinsky e
Edward Hopper
Noutro momento voltarei a
falar desta Novela a propósito de todas as citas e comentarios literarios que
aparecen sobre grandes obras da literatura así como do pensamento.
Iniciamos o ano 2016 e queremos agradecer a todo o alumnado, o marabilloso día que vivimos no último día de clase do 2015.
Celebramos o 1º CONCURSO PORTAS NO NADAL
TEMOS QUE AGRADECERVOS O
VOSO INTERESE xa que participaron todos os cursos adornando as respectivas portas de aula. Tamén poidemos disfrutar dos adornos feitos nos
departamentos. Aquí si que houbo algún departamento que non participou. Xa o farán
no vindeiro curso.
En xeral podemos dicir
que todas tiveron moi bo aspecto. Para que o xurado poidera levar unha
valoración o máis axeitada posible deseñamos desde a Biblioteca a seguinte
rúbrica.
Os diseños foron moi
divertidos e houbo moito enxeño.
Durante o primeiro trimestre puxemos a andar os diferentes clubs de lectura. Os libros que se leron foron os seguintes:
Grupos de 3º ESO:
A neve interminable de Agustín Fernández Paz
Búscame en África (Blanca Álvarez)
Me llamo Suleimán (Antonio Lozano)
Grupo de 4º ESO
Poesía de Manuel
María: Terra Cha
e unha relación de libros
a escoller. Fíxose unha pequena biblioteca de lecturas compartidas. Entre as que
destacan :
Rapaces de Dublín (Jean
Claude Alain), Contos populares Portugueses, Cuentos de Fútbol 2, O relato
fatástico. De Poe a Lovecraft, Mutacións xenéticas (Fina Casalderrey), Momo (Michael Ende), Los espejos venecianos (Joan
Manuel Gisbert), Antología de los mejores relatos de ciencia ficción, A modelo descalza (Jordi Sierra i Fabra),
Flanagan 007 (Andreu Martin & Jaume Ribera, Tralo último dinosaurio (Manuel
Alfonseca), El paso del estrecho (Fernando Lalana), Xente coma min (Ursula
Heinze).