Este Luns o alumnado asistiu a obra de Antonio Lozano “Me llamo Suleimán”, posta en escena pola
com
pañía canaria “Unahoramenos”.
unha obra centrada na emigración
clandestina entre África e España. Coñecer cómo é a viaxe do emigrante pódenos
axudar a comprender mellor a decisión que toman miles de persoas e suscitarnos cales
son as razóns para tomala, sabendo que , como por desgraza ocorre con moitísima
frecuencia- as súas vidas corren perigo. Marta Viera |
A medida que as
sociedades europeas tórnanse cada vez máis multiculturais, debemos concienciarnos sobre as numerosas razóns polas que as persoas elixen ou se
ven obrigadas a deixar os seus países de orixe.
Concretamente, segundo o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR/UNHCR) “débese difundir máis información entre os mozos que son quen tomarán as decisións no futuro”, pero cuxa opinión sobre a migración e o asilo non sempre está baseada en información obxectiva e imparcial.
Concretamente, segundo o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR/UNHCR) “débese difundir máis información entre os mozos que son quen tomarán as decisións no futuro”, pero cuxa opinión sobre a migración e o asilo non sempre está baseada en información obxectiva e imparcial.
Respecto diso, ACNUR e a
Organización Internacional para as Migraciones propuxéronse como obxectivo
a difusión de contidos culturais relacionados coas migracións. O seu obxectivo
é “ofrecer a oportunidade de comprender que detrás de cada estatística anónima
sobre migración e asilo existe un rostro humano e unha historia persoal”.
Teríamos que decir que a
obra transmite unha grande emoción e chegou aos rapaces. Esperemos que, en breve,
deixen neste blog os seus comentarios.
Salif Keita |
Destacamos a
interpretación de Marta Viera. Non só pola súa forza no momento de transmitir
as emocións, senón tamén pola magnífica voz cantando eses temas africáns.
Sabemos que participa do grupo Canario “Los Gofiones”.
Resoltou espectacular o
traballo de animación feito por Juan Carlos Cruz.
E a música resulta
preciosa. Gracias ao músico de Malí Salif Keita “ a voz dourada de África”. Se
pinchades no nome podes escoitar a súa música.
Deixamos aquí un vídeo
onde podemos ver parte do que vimos e o seu montaxe.
Mañá teremos a oportunidade de poder falar co autor da obra. Probablemente poderá contarnos detalles que nos emocionarán
No hay comentarios:
Publicar un comentario