10/1/16

NOVELA E MÚSICA E TAMÉN UN POUCO DE ARTE: “EL BAR DE LAS GRANDES ESPERANZAS” J.R. Moehringer.

Iniciamos hoxe unha nova sección onde queremos relacionar as novelas coa música.
Empezamos coa Novela de J.R. Moehringer "El bar de las grandes esperanzas" publicada en castelán pola Editorial Duomo. 

É unha obra autobiográfica pero novelada na que narra parte da vida do autor. 
A vida dun mozo con moitas gañas de vivir a súa propia vida. 
A personaxe sofre unha ausencia de pai e cumpre cun amor de mai. Unha mai que ten que traballar duro para soster a casa.  Ao pai, soamente o escoita na radio,  xa que é locutor, pero fáltalle a súa presenza. 
Frank Sinatra
A falta de pai a suple nun bar da súa barriada, en Manhasset, preto de Nova York. Este bar dálle a oportunidade de coñecer a moitas persoas que lle darán unha bagaxe que complementará a súa formación posterior. 
Nos 46 capítulos vivimos as diferentes anécdotas e a intensidade dos distintos personaxes deste delicioso libro.

Podemos atopar ao longo da súa lectura gran cantidade de alusións ao mundo musical, tanto de cancións como de grandes figuras da canción. Así destacan: Frank Sinatra, Van Morrison, The Beatles, Ella Fitzgerald, Steve Wonder, Nat King Cole e Burt Bacharach entre outros. Frank Sinatra aparece moitas veces nesta novela. 
Tamén aparecen grandes temas como por exemplo:

 “Working my way back to you” do grupo Four Seasons
                             “ I got you Babe” de Sonny & Cher

“Side by side” de Tin Pan Alley
“Summer Wind” , “What kind of fool I am?”, “My way” e “All or nothing at all” de Frank Sinatra

                                   “Blue Velvet” de Bobby Vinton 

“I want to hold your hand” The Beatles.

Tamén faise unha pequena escolla de temas de música clásica entre os que destacan :
“Sonata en Do maior” e o  “Quinteto para piano e vento en Mi bemol mayor” de Mozart
“Suite dos planetas” de Gustav Holst

                                “Claro de luna” de Debussy

O protagonista fai tamén un pequeño paseo por obras de pintura como son:
A Creación de Adán (Capilla Sixtina). "Miguel Ángel"

A creación de Adán de Miguel Ángel
Moderna conversación a medianoche de William Hogarth
Retratos de John Singleton Copley
Obras de Kandinsky e Edward Hopper

Noutro momento voltarei a falar desta Novela a propósito de todas as citas e comentarios literarios que aparecen sobre grandes obras da literatura así como do pensamento.
Unha obra que recomendamos ler. 

7/1/16

PRIMEIRO CONCURSO PORTAS NO NADAL. RUBRICA E TODO.

Iniciamos o ano 2016 e queremos agradecer a todo o alumnado, o marabilloso día que vivimos no último día de clase do 2015. 
Celebramos o 1º CONCURSO PORTAS NO NADAL

TEMOS QUE AGRADECERVOS O VOSO INTERESE xa que participaron todos os cursos adornando as respectivas portas de aula. Tamén poidemos disfrutar dos adornos feitos nos departamentos. Aquí si que houbo algún departamento que non participou. Xa o farán no vindeiro curso.

En xeral podemos dicir que todas tiveron moi bo aspecto. Para que o xurado poidera levar unha valoración o máis axeitada posible deseñamos desde a Biblioteca a seguinte rúbrica.
Os diseños foron moi divertidos e houbo moito enxeño.



Os cursos gañadores foron:
3ºESO A, 2ºESO B e 2ºESO A.
Houbo un accésit para  4º ESO D.







5/1/16

CLUBS DE LECTURAS NO PRIMEIRO TRIMESTRE

Durante o primeiro trimestre puxemos a andar os diferentes clubs de lectura.
Os libros que se leron foron os seguintes:


Grupos de 3º ESO:

A neve interminable de Agustín Fernández Paz 
Búscame en África  (Blanca Álvarez)   
Me llamo Suleimán  (Antonio Lozano)


Grupo de 4º ESO
Poesía de Manuel María:  Terra Cha
e unha relación de libros a escoller. Fíxose unha pequena biblioteca de lecturas compartidas. Entre as que destacan :

Rapaces de Dublín (Jean Claude Alain), Contos populares Portugueses, Cuentos de Fútbol 2, O relato fatástico. De Poe a Lovecraft, Mutacións xenéticas (Fina Casalderrey),  Momo (Michael Ende), Los espejos venecianos (Joan Manuel Gisbert), Antología de los mejores relatos de ciencia ficción,  A modelo descalza (Jordi Sierra i Fabra), Flanagan 007 (Andreu Martin & Jaume Ribera, Tralo último dinosaurio (Manuel Alfonseca), El paso del estrecho (Fernando Lalana), Xente coma min (Ursula Heinze).

Grupo de 2º de ESO
“A tribo ten catro ríos” de Manuel María

Grupo de 1º de Bac (Lecturas científicas)
"Un mundo de hormigas" (Editorial S.XXI)
"Una tumba para los Romanov" (Raúl Alzogaray)
"Causas y azares" (Gabriel Mindlin) 
"Momentos estelares de la Ciencia" (Isaac Asimov)



Grupo de 2º de Bac

Terra Cha  de Manuel María (Xerais)
 “Raíz da fenda” de Berta Dávila (Xerais)

23/12/15

CANTA O CUCO. UXÍA E MAGÍN NA CASA DE MANUEL MARÍA

Queremos destacar hoxe que imos cara á Noiteboa e Nadal o libro-disco Canta o Cuco (Uxía e Magín na casa de Manuel María) , editado por árbore/galaxia  e  ilustrado dun xeito marabilloso por Leandro Lamas. 
Libro disco Canta o Cuco

O libro é unha ollada arredor do Universo poético de Manuel María.
Unha revisión contemporánea dos seu versos, tan vixentes aínda para as nenas e os nenos do século XXI.
Os poemas escollidos son unha escolma dos seus libros de poemas para nenos e nenas: As rúas do vento ceibe e Os soños na gaiola e doutros poemarios como Terra Chá, Panxoliñas ou Os lonxes do solpor, e mais unha creación propia: Todo me fala de ti, onde Uxía e Magín dialogan co poeta e coa súa rica personalidade.
Hai tamén recitados, onde procuran achegar os temas que o poeta vivía con paixón: o espazo vital, a terra, a lingua e a identidade.


Tedes aquí un vídeo de RadioVoz (voces de Galicia)


9/12/15

Berta Dávila e o seu libro ‘O derradeiro libro de Emma Olsen’

Berta Dávila gaña o Premio Guillermo de Baskerville con ‘O derradeiro libro de Emma Olsen’


Queremoslle dar a nosa nóraboa a autora polo novo premio.

O libro vai pola súa cuarta edición na versión orixinal en galego. A novela, xa gañara o  Premio de Narrativa Repsol, e tamén o  Premio da Asociación de Editores ou o Mellor Libro de Ficción 2013. 

Berta Dávila
O libro ten sorprendido pola súa trama, pola potencia da voz narradora e, tamén, pola beleza das súas páxinas.

Deixo aquí un enlace sobre o que se comenta deste libro que ven merece a pena da editorial mar-maior


Book-trailer do libro