18/11/15

DAVIDE SALVADO. RÚSTICA

Nova recomendación musical. Desta vez imos falar de Davide Salvado.
Estará mañá actuando en Ferrol, pero queríamos darvos a coñecer a este marinés estudioso do mundo rural. 
Saber que o xurado internacional do WOMEX (feira de Músicas do Mundo máis importante) elixiuno para participar na edición pasada do 2014.
Ten un disco chamado "LOBOS" onde asenta o seu traballo na tradición e sobre todo no mundo das mulleres pandereteiras e bailadoras.
Publicou recentemente un traballo xunto con Cristina Pato, Anxo Pintos e Roberto Comesaña chamado "RÚSTICA".
Deixamos aquí un par de vídeos onde poderedes escoitar a súa música.O primeiro do programa Alalá da Televisión Galega e o segundo é unha presentación do seu ultimo traballo. 

Davide Salvado no programa Alalá


Rústica


17/11/15

REPORTAJE. VISITA DE ANTONIO LOZANO AL INSTITUTO

El pasado martes 27 de octubre el escritor y traductor Antonio Lozano, dio una charla en nuestro Instituto.
Antonio Lozano
Nos vino a hablar sobre su libro “Me llamo Suleimán”, el cual leímos en este trimestre. Tuvimos, por tanto, la oportunidad de hacerle preguntas acerca del texto y expresar tambíen nuestro parecer.
Cuando llegamos al salón de actos, Andrea Noche Ferreira , alumna de 2º de Bachillerato, hizo la presentación del autor ante el público. Luego, el mismo autor, nos habló acerca de su libro y nos explicó por qué lo escribió, qué fue lo que le inspiró …
Charla en el Salón de Actos
En la introducción, el autor, explicó que le interesaba dar a conocer la situación real de la inmigración en la Comunidad Canaria, en la cual reside. Allí llegan adultos y niños que vienen desde África. En su viaje viven experiencias muy duras y tristes. Esta situación se ve muy bien reflejada en su libro. Suleimán tiene que pasar por el desierto y cruzar el mar. El destino de las personas que hacen ese viaje es frecuentemente Ceuta, Melilla o Canarias. 

Una multitud despide a un barco de emigrantes
 rumbo a América Puerto de Vibo. 1925. Foto Pacheco
Quiere que la gente que lea y vea la obra de teatro se haga preguntas el por qué esas injusticias. Que los niños no tengan infancia. Invita a todos a reflexionar sobre el “viaje de sus vidas”.
Galicia y Canarias también fueron pueblos de emigrantes. Desde Canarias salían barcos, que los compara con las pateras de ahora, para América. Y la gente se iba con el mismo plan de Suleimán, traer dinero a sus casas. 
También mencionó que escribió el guión adaptado de la obra de teatro con el mismo nombre, la cual fuimos a ver el día anterior de su presentación.
Llegado el turno de preguntas. Destacamos las siguientes:
-¿Fue duro escribir el libro?. Si lo fue, ya que la situación que están viviendo es muy triste y deshumanizada. Pero mi obligación como escritor, es contar las cosas que no te gustan, denunciar las injusticias.
- ¿Qué opina de las vallas?. Es de sociedades atrasadas. Todo el mundo debe tener derecho a cubrir sus necesidades mínimas. En este lado de la valla se tira cada día toneladas de comida, y en el lado de Suleimán cada día muchas personas que mueren de hambre.
Recién llegados en una patera
¿Cuál es la solución? Hay que cambiar la situación que están pasando los niños en el mundo. Porque una gran parte de los que viajan en busca de mejores oportunidades son menores de edad. Hay que acabar con la explotación infantil y parte de la culpa, la tienen los magnates de los países desarrolados. 
África es un continente rico en minerales, petróleo, etc. Y esa misma riqueza es el núcleo de muchas guerras. El coltán, por ejemplo. Este mineral se utiliza para la fabricación de componentes electrónicos. En la República Democrática del Congo es donde hay más reservas de este mineral. Las personas que se encargan de fabricar los objetos electrónicos que utilizamos, son niños y además de fabricarlos, muchos se encargan del duro trabajo de coger el Coltán.
Niño trabajando en mina de Coltán
Mientras haya políticos que perjudiquen a la población africana, los cambios no se podrán realizar. Lo único que podemos hacer es concienciarnos y poner en el poder a personas que cambien la situación.
Otro aspecto a cambiar es la manipulación de la información por la gente poderosa.
Hay que dejarles vivir de sus materias primas.
¿Le llevó más tiempo buscar información o escribirlo?. Me llevó más tiempo documentarme. Esto es debido a que en los medios como la TV, los periódicos y la radio no nos proporcionan esa información. Pero, en Internet si que encontré lo que necesitaba, aunque también viajé a África varias veces.
Con el beneficio del libro, ¿Donará algo a una ONG?. Los autores recibimos un 10 % de las ventas del libro, y eso no me da para vivir. El libro representa una denuncia de la situación real que ocurre en ese mundo de la Inmigración. Y no se le está dando la importancia que se debería dar.
¿Se identifica con alguna de sus novelas?. Si. Para escribir una novela primero se tiene que identificar con el tema. Particularmente me identifico más con la novela “El caso de Sankara”.
¿Por qué la falta de sensibilidad con el caso de los refugiados de Siria?.
Si que es cierto que hay menos sensibilidad. Pero todo llegará.
En ese momento sonó la sirena para el recreo. Y nos acercamos al autor para que nos firmase algunos libros. Y así concluyó la charla.
Ketlyn Thaynara Dourado (1ºBac D) y Sabela Villar Testa (1ºBac. C)

XAN VIAÑO. MÁIS ALÓ DA VANGARDA MUSICAL

Seguramente moitos tedes escoitado que o  Conservatorio Profesional de Música de Ferrol chámase  XOÁN VIAÑO. 
Pero tamén moitos de vós non sabedes quen era. Pois ben mañá na Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol (Canido) ás 20 horas podemos asistir a unha conferencia que vai dar D. Lucinio Medel, un gran coñecedor da obra do músico ferrolano. 
Queremos desde aquí animarvos a asistir a aqueles interesados pola música. 
E xa de paso se ides un pouquiño antes poderedes curiosear no Museo.


Sala do Museo da S.G.H.N

14/11/15

A NOSA BIBLIO CON PARÍS

Escribiu Albert Camus na súa novela "As Ratas":

... e pode chegar un día en que a peste, para desgraza e ensino dos homes esperte ás súas ratas e as manden morrer nunha cidade feliz.
AS RATAS, 1947

12/11/15

QUE BEN SE PASA NA FIN DE SEMANA

Para que poidades disfrutar do que ocurre na comarca vai unhas recomendacións:

COGUMELOS
Exposición no Cantón
A asociación Viriato está a puntiño de comprir 30 anos de Semanas Micolóxicas. O sábado hai excursión para aprender no monte.

TEATRO:
Sábado no Pazo de Cultura de Narón. O TRIÁNGULO AZUL. Compañía Micomicón. Ás 20 horas.

Os españois foron os primeiros en entrar en Mauthausen e os últimos en saír.Sete mil españois pasaron por Mauthausen. Os que sobreviviron non chegaron a dous mil...
Triángulo azul







MONÓLOGOS
Chungo, con Luís Zahera. Seguro que o coñecedes de "Mareas vivas" ou "Celda 211".
A actuación é no Museo do Humor (Fene). O venres 13 ás 20 horas. 


Luís Zahera no Museo do Humor
Julie Andrews &Dick van Dyke


CINE: 
O sábado 14 ás 18.30 na sede Afundación no Cantón de Ferrol.





 MÚSICA:

O venres na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester (Ferrol).
Ás 21 horas actúa Barrence Whitfield.
Cantante de soul. Canta cancións propias e versións de xoias do rhythm&blues.

O sábado temos no Auditorio de Ferrol. Ás 20.30
a banda xienense "SUPERSUBMARINA" , que xa hai tempo que conseguiu colarse na prestixiosa lista musical Billboard.
Supersubmarina


INFANTIL
Bubble sister!. Espectáculo no Jofre, o domingo.

Espectáculo que mistura no escenario enormes pompas de xabón, trucos de maxia, música...

ARTE. ESCULTURA E DEBUXO
Na Fundación Abanca (Cantón Ferrol) podemos ver os debuxos e esculturas de Isidoro Brocos. Foi un dos grandes do derradeiro terzo do século XIX. Foi profesor de Palblo Picasso na súa etapa coruñesa. A exposición estará ata xaneiro de 2016. Horario de 11-14 e de 18 a 21 horas

11/11/15

POPPY DAY. POESÍA E MEMORIA

Nos primeiros días de novembro todos os que seguen a política, a televisión, o fútbol ou, en xeral, a vida no Reino Unido, ven aparecer nas solapas das chaquetas de todos os británicos unha estraña mancha de papel vermello. 
Na Biblio levamos uns anos recordando este día.

É o Poppy Day. Millóns de artificiais florecillas son distribuídas nos países da Commonwealth en conmemoración das 11:00 horas do 11º día do 11º mes de 1918, o momento no que entrou en vigor o armisticio que acabaría coa Gran Guerra (I Guerra Mundial). 


John McCrae
A historia comeza cun médico canadense chamado John McCrae que marchou como integrante do Imperio a loitar entre todo aquel despropósito. Marchou cos seus amigos, cos mozos que estivera formando durante anos para ensinarlles a curar, e agora tiña que dirixilos para matar. E para morrer. Precisamente, a morte dun dos seus amigos en 1915 foi o que fixo que as papoulas enchesen a súa mente e lle empuxasen a escribir o que se convertería nun dos máis populares poemas durante a guerra, 

O poema captou o momento. E serviu para que Moina Michael recollese a idea nos días nos que a guerra chegaba ao seu fin e adicouse a promover por todo o Imperio Británico un día de Memoria  e axuda para que os veteranos que volvían rebentados física ou psicolóxicamente daquel inferno, puidesen adaptarse á vida en paz. Repartiríanse papoulas de papel a cambio de donativos para que as institucións coidasen ós homes e 
mulleres que os cidadáns do Imperio mandaran a dar, si non a súa vida, a súa mocidade, recollendo algo máis que flores en ultramar. 

Durante case un século xa, todos os novembros, comeza a colleita, e os brits prenden unha flor das súas roupas, como as que aínda crecen en Flandes.


Papoulas tamén aparecen nos campos que percorren a xeografía de España.
O cantautor valenciano Tomás de losSantos recolle nunha das súas composicións
Uns fermosos versos onde conta a historia dunha muller que vai tódolos días a deixar flores ao seu marido. 
A canción nace dunha visita á serra de Albarracín no lugar chamado Pozos de Caudé. Alí están enterradas máis de mil persoas. Moitas delas mozos menores de 20 anos.

…” A visita foi en primavera e dinme conta de que o lugar estaba cheo de papoulas. Onde están enterradas as persoas había máis papoulas e pensaba que os mortos estaban mandando unha mensaxe.
 Ei!, que estamos aquí!. Que todavía estamos aquí! .
 Eso xunteino ca historia da muller que vai tódolos días, despois de comer, á fosa onde está o seu marido. Tódolos día vai falar con él. Vaille facer compaña.
A canción conta a historia da conversa dun miliciano que está na súa fosa enviándolle papoulas á súa muller.
Roselles (Papoulas). Traducido ao galego:

Lapas vermellas xunto ao camiño 
Tomás de los Santos
que sobe arriba, ao outeiro,
cando nacen elixen o seu azar
e acompáñanme ao leito.
A primavera voltou febril,
 as raíces toco cas máns,
e papoulas tomaron a miña carne
como cada ano abolido.
Doce esposa, eu era o teu marido,
cando vés óioche respirar
e o teu alento humedece o sangue
deste corpo morto e florido.
Queríamos cambiar esta longa noite
con cores de dignidade,
deixar de herencia a liberdade,
poder mirarse ao espello.

Pero os medos teñen demasiados amigos,
as nosas cadeas, amantes
e as papoulas abríronse paso
polo meu corpo novo e antigo.

E os meus anhelos non acaban aquí,
espérache na terra o amante.
Xa teño papoulas, non traias ramos,
non me esquezades, que non quero morrer.

 Tomàs de los Santos. Dones i dons.2014


Conectado con esta canción traemos aquí o poema "Cunetas" do lucense Luis Pimentel (1895-1958), que foi musicada polo grupo "A Quenlla". 
Luis Pimentel

¡Outra vez, outra vez o terror!
Un día e outro día,
sen campás, sen protesta.
Galicia ametrallada nas cunetas
dos seus camiños.
Chéganos outro berro.
Señor, ¿qué fixemos?
-Non fales en voz alta-
¿Hasta cándo durará iste gran enterro?
-Non chores que poden escoitarte.
Hoxe non choran máis que os que aman a Galicia-
¡Os milleiros de horas, de séculos,
que fixeron falla
para faguer un home!
Teñen que se encher aínda
as cunetas
con sangue de mestres ou de obreiros.
Lama, sangue e bágoas nos sulcos
son semente.
Docemente chove.
Enviso, arrodéame unha eterna noite.
Xa non teréi palabras pra os meus versos.
Desvelado, pola mañán cedo
baixo por un camiño.
Nos pazos onde se trama o crimen
ondean bandeiras pingando anilina.
Hai un aire de pombas mortas.
Tremo outra vez de medo.
Señor, isto é o home.
Todas as portas están pechadas.
Con ninguen podes trocar teu sorriso.
Nos arrabás,
bandeiras batidas i esfarrapadas.
Deixa atrás a vila.
Ti sabes que todos os días
Papoulas feitas por Lucía Ladero. 1ºESO A
Graciñas
hai un home morto na cuneta,
que ninguén coñece aínda.
Unha muller sobre o cadáver do seu home
chora.
Chove.
¡Negra sombra, negra sombra!
Eu ben sei que hai un misterio na nosa terra,
máis alá da néboa,
máis alá do mar,
máis alá da chuvia,
máis alá do bosque.

------------------------ Lugo, marzo, 1937


Estaría ben que poidésemos ter un día de recordo daqueles que están olvidados nas cunetas. 


9/11/15

NOVIDADES OUTUBRO-NOVEMBRO.

Xa temos o novo Boletín das Novidades que chegaron nestes dous meses.

Agardamos que entre eses novos materiais atopedes algo que vos guste.









AQUÍ TEDES O BOLETÍN COMPLETO.