11/11/15

POPPY DAY. POESÍA E MEMORIA

Nos primeiros días de novembro todos os que seguen a política, a televisión, o fútbol ou, en xeral, a vida no Reino Unido, ven aparecer nas solapas das chaquetas de todos os británicos unha estraña mancha de papel vermello. 
Na Biblio levamos uns anos recordando este día.

É o Poppy Day. Millóns de artificiais florecillas son distribuídas nos países da Commonwealth en conmemoración das 11:00 horas do 11º día do 11º mes de 1918, o momento no que entrou en vigor o armisticio que acabaría coa Gran Guerra (I Guerra Mundial). 


John McCrae
A historia comeza cun médico canadense chamado John McCrae que marchou como integrante do Imperio a loitar entre todo aquel despropósito. Marchou cos seus amigos, cos mozos que estivera formando durante anos para ensinarlles a curar, e agora tiña que dirixilos para matar. E para morrer. Precisamente, a morte dun dos seus amigos en 1915 foi o que fixo que as papoulas enchesen a súa mente e lle empuxasen a escribir o que se convertería nun dos máis populares poemas durante a guerra, 

O poema captou o momento. E serviu para que Moina Michael recollese a idea nos días nos que a guerra chegaba ao seu fin e adicouse a promover por todo o Imperio Británico un día de Memoria  e axuda para que os veteranos que volvían rebentados física ou psicolóxicamente daquel inferno, puidesen adaptarse á vida en paz. Repartiríanse papoulas de papel a cambio de donativos para que as institucións coidasen ós homes e 
mulleres que os cidadáns do Imperio mandaran a dar, si non a súa vida, a súa mocidade, recollendo algo máis que flores en ultramar. 

Durante case un século xa, todos os novembros, comeza a colleita, e os brits prenden unha flor das súas roupas, como as que aínda crecen en Flandes.


Papoulas tamén aparecen nos campos que percorren a xeografía de España.
O cantautor valenciano Tomás de losSantos recolle nunha das súas composicións
Uns fermosos versos onde conta a historia dunha muller que vai tódolos días a deixar flores ao seu marido. 
A canción nace dunha visita á serra de Albarracín no lugar chamado Pozos de Caudé. Alí están enterradas máis de mil persoas. Moitas delas mozos menores de 20 anos.

…” A visita foi en primavera e dinme conta de que o lugar estaba cheo de papoulas. Onde están enterradas as persoas había máis papoulas e pensaba que os mortos estaban mandando unha mensaxe.
 Ei!, que estamos aquí!. Que todavía estamos aquí! .
 Eso xunteino ca historia da muller que vai tódolos días, despois de comer, á fosa onde está o seu marido. Tódolos día vai falar con él. Vaille facer compaña.
A canción conta a historia da conversa dun miliciano que está na súa fosa enviándolle papoulas á súa muller.
Roselles (Papoulas). Traducido ao galego:

Lapas vermellas xunto ao camiño 
Tomás de los Santos
que sobe arriba, ao outeiro,
cando nacen elixen o seu azar
e acompáñanme ao leito.
A primavera voltou febril,
 as raíces toco cas máns,
e papoulas tomaron a miña carne
como cada ano abolido.
Doce esposa, eu era o teu marido,
cando vés óioche respirar
e o teu alento humedece o sangue
deste corpo morto e florido.
Queríamos cambiar esta longa noite
con cores de dignidade,
deixar de herencia a liberdade,
poder mirarse ao espello.

Pero os medos teñen demasiados amigos,
as nosas cadeas, amantes
e as papoulas abríronse paso
polo meu corpo novo e antigo.

E os meus anhelos non acaban aquí,
espérache na terra o amante.
Xa teño papoulas, non traias ramos,
non me esquezades, que non quero morrer.

 Tomàs de los Santos. Dones i dons.2014


Conectado con esta canción traemos aquí o poema "Cunetas" do lucense Luis Pimentel (1895-1958), que foi musicada polo grupo "A Quenlla". 
Luis Pimentel

¡Outra vez, outra vez o terror!
Un día e outro día,
sen campás, sen protesta.
Galicia ametrallada nas cunetas
dos seus camiños.
Chéganos outro berro.
Señor, ¿qué fixemos?
-Non fales en voz alta-
¿Hasta cándo durará iste gran enterro?
-Non chores que poden escoitarte.
Hoxe non choran máis que os que aman a Galicia-
¡Os milleiros de horas, de séculos,
que fixeron falla
para faguer un home!
Teñen que se encher aínda
as cunetas
con sangue de mestres ou de obreiros.
Lama, sangue e bágoas nos sulcos
son semente.
Docemente chove.
Enviso, arrodéame unha eterna noite.
Xa non teréi palabras pra os meus versos.
Desvelado, pola mañán cedo
baixo por un camiño.
Nos pazos onde se trama o crimen
ondean bandeiras pingando anilina.
Hai un aire de pombas mortas.
Tremo outra vez de medo.
Señor, isto é o home.
Todas as portas están pechadas.
Con ninguen podes trocar teu sorriso.
Nos arrabás,
bandeiras batidas i esfarrapadas.
Deixa atrás a vila.
Ti sabes que todos os días
Papoulas feitas por Lucía Ladero. 1ºESO A
Graciñas
hai un home morto na cuneta,
que ninguén coñece aínda.
Unha muller sobre o cadáver do seu home
chora.
Chove.
¡Negra sombra, negra sombra!
Eu ben sei que hai un misterio na nosa terra,
máis alá da néboa,
máis alá do mar,
máis alá da chuvia,
máis alá do bosque.

------------------------ Lugo, marzo, 1937


Estaría ben que poidésemos ter un día de recordo daqueles que están olvidados nas cunetas. 


9/11/15

NOVIDADES OUTUBRO-NOVEMBRO.

Xa temos o novo Boletín das Novidades que chegaron nestes dous meses.

Agardamos que entre eses novos materiais atopedes algo que vos guste.









AQUÍ TEDES O BOLETÍN COMPLETO. 

8/11/15

LECTURAS CIENTÍFICAS E CLUB DE LECTURA CIENTÍFICA.

Animamos a todos a adentrarse na lectura científica. Para elo temos unha boa colección de libros de divulgación  científica que podedes consultar. Os temas destes libros son moi variados e válido para os distintos niveis educativos. 
Tamén imos facer unha pequena exposición dos libros na Biblioteca e mesmo no Blog podes ollar a barra lateral na que temos unha pequena presentación. 

Iniciamos tamén o Club de Lecturas Científicas co alumnado de 1º de Bacharelato. 

5/11/15

CIENCIA EN GALEGO

CELEBRANDO O MES DA CIENCIA.

PODEMOS OLLAR E ESCOITAR  A CONFERENCIA DE XURXO MARIÑO
"ESCOITANDO ÁS NEURONAS" TED X GALICIA





XOVES DE TEATRO NO PAZO DA CULTURA

Hoxe o alumnado do primeiro ciclo da ESO asiste á representación da obra 
"La ramita de hierbabuena" da Compañía valisoletana "Teloncillo", no Pazo da Cultura do Concello de Narón. 

Esta compañía levou o Premio Nacional das Artes Escénicas para a Infancia e a Xuventude 2013 e foron finalistas dos Premios MAX das artes escénicas deste ano. 
Teñen recollidos moitos máis premios  polo que podemos dicir que é un grupo que merece a pena ir ver. Levan no mundo da escea dende o ano 1975.
Esperemos que guste e veñan ledos. Xa nos contarán.

  Sinopse da obra:
Nunca podría imaxina Asterio, as peripecias que tén que pasar para conseguir a pola de herbaboa que a súa nai precisa para poder facelo guiso. Vai ter resolver enigmas, superar probas, andar por camiños e lugares descoñecidos.



Persoaxes con moi mala sona non lle farán doado a súa viaxe. "Ninguén debe axudarlle, ninguén pode axudarlle, ninguén lle axudará", pero... no camiño de volta a casa atopará a solución. 

3/11/15

OS MÉRCORES ILUSTRADOS II. PREMIO NACIONAL DO CÓMIC 2015

O pasado 23 de outubro dábase a coñecer que o guionista Santiago García e o debuxante Javier Olivares foron galardoados co Premio Nacional do Cómic correspondente a 2015 pola súa obra "Las meninas". 

 O xurado escolleuna por «ser unha obra que asume un risco na estrutura narrativa e no enfoque gráfico, que se resolve con brillantez, e por constituír un bo achegamento á figura de Velázquez, a súa época e a súa influencia noutros artistas».
Javier Olivares

 O premio, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros e ten como obxecto distinguir a mellor obra publicada en calquera das linguas do Estado durante o ano anterior.


Javier Olivares (Madrid, 1964) é ilustrador e historietista; iniciouse na revista Madriz nos anos oitenta, e desde entón ten combinado o seu traballo en numerosas publicacións (como El País Semanal ou El Mundo) coa ilustración de libros de todo tipo. Entre os seus cómics máis destacados están La caja negra, Cuentos de la estrella legumbre e El extraño caso del doctor Jekyll y mister Hyde, con guión tamén de Santiago García.

Aproveitando a cita do Blog "Soy Leyenda" sobre a obra “Las meninas” ven a dicir que non é unha biografía ao uso sobre Velázquez. Trátase dunha mirada orixinal a un artísta, un dos máis grandes da súa época e un xogo moi persoal que, sen deixar de lado a ironía e o sentido do humor, intenta amosar a súa influencia, o seu afán creador e en termos xerais, o senso e a trascendencia do arte. É dicir, unha historia sobre o mito de Velázquez e a súa obra mestra.  

"Las meninas" ten obtido ademais, entre outros, o premio á Mellor obra no Salón do Cómic de Barcelona.


Mentras debuxaba "Las Meninas", Javier Olivares grabou algúns videos onde vese o proceso artesanal do seu traballo. Neste video podemos disfrutar  delo.



2/11/15

OS MARTES DOS AUTORES II. LUCÍA ALDAO. CHURRASCO-CIENCIA E POESÍA

Lucía Aldao
Este martes 3 de novembro imos presentar un poema de Lucía Aldao (A Coruña 1982). Poeta, guitarrista e cantante.

Cando a OMS acaba de declarar canceríxena a carne procesada lembrei o poema de Lucía Aldao que vos presentamos aquí hoxe.


“Foi por non decatarme a tempo de que quería que o meu poema
soubese a churrasco,
que houbo que agardar ó final da tardiña
para confirmar tema e intencións.
O verán e os versos
pídoos todos sempre con moita carne.
O día enteiro sen deixarnos,
e con torpeza e indignada
deixei que a aldea toda se me fose metendo nos pulmóns.
Eu con fame non sei escribir,
pero ocórrenseme moitos versos…
E foi comezar a ver en rigoroso directo os primeiros pasos da cea
para que o fume rico ese
chegara a estas páxinas bastante antes ca min.
Que detallazo.
Que agradecido o vicio este
que me permite facer saliba e facer poemas
mentres se van facendo as brasas.
 ………………
Eu mordo o bolígrafo en plan metáfora de fame
e achegándome á mesa, miña musa,
comprobo como a ensalada de tomate lle ha de facer tanto ben
ó meu poema coma ó churrasco.
Saboreo cada anaco deste verán que non comeza.
Son quen de comer en proporción ó que te boto de menos”.

 Poema nacido dunha costela (de porco).

Decirvos que Lucía Aldao dende que tiña dezaseis anos vai pola nosa Galiza dando recitais de poesía.
Fai espectáculos onde mestura teatro, música, videocreación e poesía xunto coa actriz Pepa Yáñez.
María Lado e Lucía Aldao. Grupo Aldaolado

Forma parte do dúo chamado Aldaolado, con María Lado. Xuntas, percorren as vilas galegas cos seus versos, unha guitarra e gañas de pasalo ben.

Participaron no Programa número 1000 de Luar onde fixeron unha particular tradución do poema “Lingua proletaria do meu pobo” de Celso Emilio Ferreiro. Foi unha tradución simultánea galego-español, en honor a todas aquelas persoas “que o entenden e non o falan”.

Cando fala do proceso de creación di que:

" un poema nunca vén en anacos. Escribir suponme un terrible exercicio de concentración. Podo estar cismando no poema durante meses ata que un día necesito botalo fóra. Entón déixoo saír sen tachaduras e quedo cunha satisfacción intensa, unha sensación física de baleirado. Son poemas de amor, historias que nacen das vivencias. Busco a narración, non a evocación. E lévoo ao extremo. Son unha poeta da esaxeración".

Deixamos aquí dous vídeos. O primeiro da súa actuación en Luar e o segundo un vídeo para aprender ben "iso da colocación do pronome átono". 
Se queredes saber máis sobre Carnes e Cancro soamente tedes que seguir o blog de GCiencia